‘Enter Sandman’ (Halloween Special) | Broken Peach

Broken Peach presenta un inquietante mashup de ‘Enter Sandman/Psycho Killer’ no seu novo Halloween Special

28 Outubro 2025

Broken Peach, a banda viguesa coñecida por reinventar o concepto de “cover bands” a través da súa explosiva mestura de enerxía, teatralidade e estilo visual, regresa este ano cun novo Halloween Special que está a arrasar en Youtube: unha poderosa combinación de ‘Enter Sandman’ de Metallica e ‘Psycho Killer’ de Talking Heads.

O vídeo, que se estreou o pasado 12 de outubro, xa alcanzou o medio millón reproducións en cuestión de días, consolidando a reputación de Broken Peach como un dos grupos independentes máis orixinais e virales de Europa.

Coa súa característica produción cinematográfica, vestiario de inspiración gótica e unha interpretación vocal impactante, a banda ofrece unha reinterpretación arrepiante de dous clásicos do rock, fusionándoos nun son e unha visión perfectamente adaptados ao espírito de Halloween.

O vídeo filmouse dentro da cámara semianecoica da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo, unha localización impactante que realza a atmosfera inquietante e a paisaxe sonora envolvente da actuación.

‘Enter Sandman’ (Halloween Special) | Broken Peach

Co paso dos anos, o ‘Halloween Special’ de Broken Peach converteuse nunha tradición anual esperada con entusiasmo por fans de todo o mundo, reforzando o crecente alcance internacional da banda e a súa popularidade en liña.

‘Enter Sandman’ xa está dispoñible na súa canle oficial de Youtube, e promete converterse nun dos lanzamentos máis comentados da tempada de Halloween: outro fito máis para os galegos máis internacionais.

Está pasando!