CantaJuego celebra vinte anos de éxitos ininterrompidos con dobre función en Vilagarcía

20 Xaneiro 2026

CantaJuego cumpre 20 anos e celébrao cunha xira por España cun espectáculo feito a medida que unirá xeracións nunha experiencia máxica.

Revive momentos memorables cos queridos personaxes de CantaJuego, Puli, Ainhoa, Rodri, Eugenia, e os seus entrañables amigos Coco, Pepe e Buby, que sempre están ao seu carón, neste espectáculo especial de aniversario que honra dúas décadas de música e diversión, rendendo homenaxe tanto aos fans de sempre como aos novos.

Goza dunha experiencia única coas mellores cancións, música e coreografías que deron forma á infancia de miles de nenos, nun espectáculo que mestura pasado e presente.

Non perdas a oportunidade de formar parte desta celebración festiva e emotiva. En total, máis de 80 minutos de música, baile e diversión ao ritmo puro de CantaJuego.

A cita será o sábado 7 de marzo, con dobre función (16:30 e 19:00 horas), no Auditorio Muncipal de Vilagarcía.

Entradas anticipadas á venda dende 19,80 euros en Ataquilla.com

Está pasando!