Castes The Musical, encabezado por Kiko Veneno, volve a Vilagarcía do 21 ao 23 de novembro

11 Novembro 2025

Castes The Musical é o encontro onde a paixón pola música únese ao mundo do viño nun formato único dentro da Feira Castes, a única que reúne nun mesmo espazo todas os D.O. e I.X.P. de Galicia, converténdose no maior escaparate do viño galego.

O festival a desenvolver os días 21 e 22 de novembro na praza da Peixería e o 23 na praza de Abastos, conta cun cartel que encabeza Kiko Veneno e no que figuran artistas da talla de Miguel Costas (Siniestro Total), Carlangas e Ariza, ademais de músicos e grupos da zona como Pablo Pérez & His Extraordinaires, The Preachers, Gonzalo Arca, Os Carismáticos, Kris DJ e Carlos Crespo.

Este ano o festival adopta un formato íntimo e coidado, cun aforo limitado a 600 persoas por día, creando un espazo sen masificacións no que cada actuación vívese de forma próxima e auténtica. É unha proposta pensada para quen busca a intensidade dun festival e a calidez dunha sala de concertos, con todos os servizos e comodidades, pero nunha contorna histórica ao aire libre.

A esta experiencia musical súmase unha oferta gastronómica pensada para o público, cunha taberna festiva e casetas que representan unha selección de adegas de toda Galicia. Unha atmosfera de “romaría 2.0” onde cada concerto se marida con viños singulares e propostas culinarias creadas para a ocasión.

Castes The Musical non é só un festival: é unha forma diferente, vibrante e sensorial de vivir a cultura do viño e a música en Galicia.

O horario dos concertos é o seguinte:

Venres 21

  • ONFIRE – 20:30
  • KIKO VENENO – 22:10
  • OS CARISMÁTICOS – 00:10

Sábado 22

  • THE PREACHERS – 19:00
  • ARIZA – 19:45
  • MIGUEL COSTAS – 21:00
  • CARLANGAS – 22:20
  • MONOLIOUS DOP – 00:15

Domingo 23

  • LA DUENDENETA – 18:30

Abonos e entradas á venda en castes.es. O acceso ao recinto o domingo 23 de novembro é gratuíto.

Está pasando!