‘Pegadas de Castelao’ | Migallas Teatro

Chega á Casa Verde de Salcedo ‘Pegadas de Castelao’, un espectáculo de Migallas Teatro, que mestura monicreques, cabezudos, pantomima e ata cantar de cego… E todo con música en directo!

20 Novembro 2025

O domingo 30 de novembro, ás 18.00 horas, na Casa Verde de Salcedo, a compañía Migallas Teatro representará o espectáculo ‘Pegadas de Castelao’.

‘Pegadas de Castelao’ é un espectáculo dirixido a todos os públicos a partir de 6 anos que ten como obxectivo a difusión da figura e da obra de Castelao en todas as súas facetas: escritor, político, artista, promotor cultural etc. dunha forma amena e divertida.

Para lograr este obxectivo, combínanse diferentes técnicas dramáticas: monicreques de silueta, de luva e cabezudos inspirados nos debuxos e relatos de Castelao, teatro de actor, pantomima, cantar de cego etc., todo acompañado por música en directo e cantigas populares vinculadas á súa vida e obra.

A función está organizada pola Asociación Casa Verde de Salcedo e conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra a través do programa Culturea.

A entrada é de balde ata completar a cabida.

Está pasando!