Carolina Rubirosa | Carolina Rubirosa Music

Chega a Soutomaior unha nova edición do programa ‘Dalle a volta á Biblioteca’

8 Outubro 2025

‘Dalle a volta á Biblioteca’ é unha iniciativa que ten como obxectivo poñer en valor dúas datas referentes para a Biblioteca de Soutomaior tal e como son o Día das Escritoras, que se conmemora o luns 13 de outubro, e o Día das Bibliotecas, que se celebra o 24 deste mes.

A programación, que terá lugar ao longo das vindeiras semanas na Biblioteca Municipal Luís Seoane, é a seguinte:

 LUNS, 13 DE OUTUBRO | 20:30 H 

CONCERTO – RECITAL ‘POEMAS MUSICADOS’

Carolina Rubirosa

  • +16 anos/adulto
  • Entrada de balde, ata completar cabida

 VENRES, 17 OUTUBRO | 17:30 H 

TEATRO ‘MARÍA. CATRO NOTAS PARA UNHA VIDA’

Andrea Castro e cuarteto Vagalume

  • Público xeral/familiar
  • Entrada de balde, ata completar cabida

 MÉRCORES, 22 OUTUBRO | 18:00 H – 20:00 H 

OBRADOIRO DE EXLIBRIS. PAPELIER

  • +10 anos/adulto
  • Entrada de balde. Prazas limitadas
  • Inscricións na Biblioteca Municipal ata o 20 de outubro

 VENRES, 24 OUTUBRO | 18:00 H – 19:30 H 

‘A HORA DO CONTO’. ESPECIAL DÍA DAS BIBLIOTECAS

OQO Editora

  • 4 – 12 anos
  • Entrada de balde, ata completar cabida
  • Inscricións en liña ata o 22 de outubro

 XOVES, 30 OUTUBRO | 11:30 H 

XORNADA DE BENVIDA AO CLUB DE LECTURA GALEGO – CASTELÁN

Encontro con Xulia Alonso, autora do libro ‘Futuro Imperfecto

  • +18 anos
  • Entrada de balde, ata completar cabida
Está pasando!