Cuarteto Nel Cuore

Comeza unha nova tempada da Sociedade Filharmónica de Pontevedra, a 104 da súa historia

26 Setembro 2025

A nova tempada da Sociedade Filharmónica de Pontevedra inclúe máis dunha ducia de concertos que se celebrarán no Teatro Principal, no Auditorio do Pazo da Cultura e no Auditorio Afundación de Pontevedra, entre outubro de 2025 e xuño de 2026.

O luns 13 de outubro, as 20:30 horas, o cuarteto de corda Nel Cuore, con Juan Barahona ao piano, abrirá a Tempada 2025-2026 cun concerto no Teatro Principal, no que interpretarán obras de Schumann e Brahms.

A programación de concertos da tempada 2025-2026 da Sociedade Filharmónica de Pontevedra é a seguinte:

 13/OUT/2025 • 20:30 H • TEATRO PRINCIPAL 

CUARTETO NEL CUORE (corda) e JUAN BARAHONA (piano)

O Cuarteto Nel Cuore é Cuarteto Residente da Real Academia de Belas Artes de San Carlos de Valencia.

Emiliano Pérez e Júlia Romero (violíns), Paula Hervás (viola) e Samuel Costela (violoncelo).

  • Schumann: Quinteto para piano e cuarteto de corda na Mi bemol maior, op. 44
  • Brahms: Quinteto para piano e cuarteto de corda en Fa menor, op. 34

 23/OUT/2025 • 20:30 H • AUDITORIO PAZO DA CULTURA 

ORQUESTA CLÁSICA DE VIGO

Director: Manuel Martínez Álvarez-Nava
Solista: Severino Ortiz Rey (piano)

  • Beethoven: Concerto para piano e orquestra nº 3 en Do menor, op. 37
  • Beethoven: Sinfonía nº 5 en Do menor, op. 67

Nota: Para este concerto os socios accederán ao Auditorio co carné da tempada. Non fai falta retirar entrada.

 07/NOV/2025 • 20:30 H • AUDITORIO AFUNDACIÓN 

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Directora: Ruth Reinhardt

  • Nuria Giménez-Comas: Cometa (obra de encargo). Estrea absoluta
  • Hubert Parry: Elegía para Brahms
  • Detlev Glanert: Idyllium
  • Brahms: Serenata nº 2 en La maior, op. 16

Recollida de entradas socios: Días 5 e 6 de novembro no local da Sociedade Filharmónica (Rúa Tetuán, baixo – Teatro Principal) de 17:00 a 20:00 h., ou o mesmo día do concerto no vestíbulo do Auditorio de Afundación a partir das 19:00 h.

 10/NOV/2025 • 20:30 H • TEATRO PRINCIPAL 

DIEGO ARES (clave)

Tres Diapasons d’or

  • Bach: Adagio en Sol maior, BWV 968
  • Bach: Variacións Goldberg, BWV 988

 01/DEC/2025 • 20:30 H • TEATRO PRINCIPAL 

CUARTETO GERHARD (corda)

Lluís Castán Cochs e Judit Bardolet Vilaró (violíns), Miquel Jordá Saún (viola) e Jesús Miralles Roger (violonchelo)

Integral dos cuartetos de corda de Beethoven (I)

  • Beethoven: Cuarteto de corda nº 15 en La menor, op. 132
  • Beethoven: Cuarteto de corda nº 16 en Fa maior, op. 135

 08/XAN/2026 • 20:30 H • AUDITORIO AFUNDACIÓN 

ORQUESTRA XOVEN DA SINFÓNICA DE GALICIA

Director: por determinar

  • Verdi: Obertura A forza do destino
  • Tchaikovski: Sinfonía nº 4 en Fa menor, op. 36

Recollida de entradas socios: Días 5 e 6 de xaneiro no local da Sociedade Filharmónica (Rúa Tetuán, baixo – Teatro Principal) de 17:00 a 20:00 h., ou o mesmo día do concerto no vestíbulo do Auditorio de Afundación a partir das 19:00 h.

 12/XAN/2026 • 20:30 H • TEATRO PRINCIPAL 

DAVID KHRIKULI (piano)

David Khrikuli é Primeiro Premio do VIII Concurso Internacional de Piano Ciudad de Vigo 2024

  • Chopin: Catro Scherzos para piano
  • Scriabin:
    • Dous Preludios, op. 11 (nº 10 en Do sostenido menor e nº 14 en Mi bemol maior)
    • Sonata para piano nº 6 en Sol maior, op. 62
  • Ravel: Gaspard de la Nuit

 02/FEB/2026 • 20:30 H • TEATRO PRINCIPAL 

TEMPUS TRÍO (violín, violonchelo e piano)

María Tió (violín), Ferran Bardolet (violonchelo) e Ricard Rovirosa (piano)

Integral da obra para violín, violonchelo e piano de Beethoven (I)

  • Beethoven: Trío para violín, violonchelo e piano nº 1 en Mi bemol maior, op. 1 nº 1
  • Beethoven: Trío para violín, violonchelo e piano nº 5 en Re maior, op. 70 nº 1

 02/MAR/2026 • 20:30 H • TEATRO PRINCIPAL 

CUARTETO DIÓGENES (corda)

Stefan Kirpal e Gundula Kirpal (violines), Alba González Becerra (viola) e Stephen Ristau (violonchelo)

Integral dos cuartetos de corda de Beethoven (II)

  • Beethoven: Cuarteto de corda nº 4 en Do menor, op. 18 nº 4
  • Beethoven: Cuarteto de corda nº 11 en Fa menor, op. 95 (”Serioso”)
  • Beethoven: Cuarteto de corda nº 9 en Do maior, op. 59 nº 3 (”Razumovsky”)

 16/MAR/2026 • 20:30 H • TEATRO PRINCIPAL 

SARA RUIZ (viola da gamba)

  • Telemann: Fantasias para viola da gamba

Presentación en Pontevedra do CD de Sara Ruiz “Fantasies pour la basse de violle de Georg Philipp Telemann”. Primeira grabación en España destas obras de Telemann desaparecidas durante máis de 300 anos.

 20/ABR/2026 • 20:30 H • TEATRO PRINCIPAL 

MARTA MENEZES (piano)

Marta Menezes é Primeiro Premio do Concurso Beethoven do Royal College of Music de Londres

  • Beethoven: Quince variacións e fuga para piano en Mi bemol maior, op. 35 («Heroica»)
  • Beethoven: Sonata para piano nº 7 en Re maior, op. 10 nº 3
  • Beethoven: Sonata para piano nº 30 en Mi maior, op. 109

 20/MAI/2026 • 20:30 H • AUDITORIO AFUNDACIÓN 

CAMERATA ARVEN

Director e solista: Francisco Javier Morgade Dobaño (clarinete)

  • Mozart: Concerto para clarinete e orquestra en La maior, K 622
  • Mozart: Sinfonía nº 29 en La maior, K 201

Recollida de entradas socios: Días 18 e 19 de maio no local da Sociedade Filharmónica (Rúa Tetuán, baixo – Teatro Principal) de 17:00 a 20:00 h., ou o mesmo día do concerto no vestíbulo do Auditorio de Afundación a partir das 19:00 h.

 20/XUÑ/2026 • HORARIO POR CONFIRMAR • AUDITORIO PAZO DA CULTURA 

CORO DA OSG E ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA

Director: Carlos Mena
Director do Coro: Javier Fajardo
Solistas: A determinar

  • Bach: La Pasión según San Juan, BWV 245

Cotas: Adultos (12 euros/mes). Xuvenís (6 euros/mes). Para darte de alta como socio, podes facelo os días de concerto ou na páxina web filarmonica.org

Esta programación poderá estar suxeita a variacións. Neste caso, a Xunta Directiva da Sociedade trataría de avisar con suficiente antelación aos socios.

Está pasando!