Presentación dos ‘Concertos de Outono’ da BMP | © Concello de Pontevedra

Diferentes espazos da cidade serán escenario da completa programación que a Banda de Música de Pontevedra levará a cabo no último trimestre do ano

2 Outubro 2024

  • O Concello de Pontevedra inicia así unha nova xeira de colaboración coa agrupación musical que permitirá unha progración estable durante este ano, o próximo e o seguinte.
  • Serán un total de 12 concertos que incluirán música popular, zarzuela, música sacra ou opera, amais de propostas especiais para o Samaín, o Nadal ou relacionadas coa chegada dos Premios Feroz á cidade.
  • Varios centros sociais, o mercado Municipal, diferentes igrexas e o Teatro Principal serán os escenarios que acollerán as propostas da agrupación musical entre o 5 de outubro e o 22 de decembro.
  • Todos eles, independentemente do seu lugar de celebración, comparten a característica de ser con entrada de balde ata completar cabida.

O concelleiro de Cultura Demetrio Gómez presentou acompañado de acompañado de Magui Martínez (Secretaria da asociación Musical de Pontevedra) e Nicolás Leiro (subdirector da BMP) a programación da agrupación musical que terá lugar entre o 5 de outubro e o 22 de decembro.

O edil manifestou que “é un día importante para o Concello e creo que tamén para a Banda de Música de Pontevedra porque comenzamos unha nova xeira de colaboración que vai permitir durante este ano, o próximo e mailo seguinte, ter unha programación estable da Banda de Música de Pontevedra en Pontevedra, que nos vai permitir asistir a concertos de esta agrupación pontevedresa tan importante, gozar de pezas de todo tipo e especialmente das que son exclusivas da banda, compostas para ela, que é algo realmente interesante. Hoxe é un punto e seguido, comezamos unha nova xeira de programación”.

A secretaria da asociación Musical de Pontevedra quixo destacar que “o ciclo que presentamos é moi intenso e variado. Son 12 concertos que comezan xa este sábado 5 e ramatan co concerto de Nadal que temos o 22 de decembro. Están organizados por temática e espazo’.

Dividida en bloques temáticos e con diferentes espazos como escenario, a Banda de Música de Pontevedra celebrará un total de 12 concertos. A música popular, a música sacra, a zarzuela, a ópera, os musicais ou as bandas sonoras serán protagonistas dunha programación que contará tamén con especiais polo Samaín, os Premios Feroz e o Nadal.

Diferentes centros socioculturais das parroquias, o Mercado Municipal, varias igrexas e o Teatro Principal serán os escenarios escollidos para que a música chegue a cada recuncho da cidade.

O subdirector da banda, Nicolás Leiro, responsable da sección de Música Popular “que é a música de antes, a que escoitabamos os domingos cando tocaba a banda, e tamén cos arranxos que se fixeron e que só nós temos e se van interpretar aquí” quixo agradecer a toda a xente da asociación e do Concello que “está detrás destes concertos. Hai moita xente detrás que estivo apoiando”.



Concertos de Música Popular (dirixidos por Nicolás Leiro Álvarez)

  • 5 de outubro ás 19h. na Casa Cultural de Monteporreiro
  • 12 de outubro ás 20h. na Casa Verde de Salcedo
  • 20 de outubro ás 19h. na Casa Cultural de Campañó

Concerto Samaín (dirixe Rafa Agulló Albors)

  • 31 de outubro ás 20h. no Mercado Municipal de Pontevedra

Concertos de Música Sacra (dirixidos por Marcel Van Bree)

  • 19 de outubro ás 20.30h. na Igrexa de San Francisco
  • 26 de outubro ás 21h na Igrexa de Santa María
  • ⁠2 de novembro ás 20h. na Igrexa de San José (Campolongo)
  • ⁠16 de novembro ás 21h. na Igrexa Virgen del Camino

Concertos no Teatro Principal

  • 9 de novembro ás 20h. ‘De viaxe coa lírica’ – zarzuela, ópera e musicais baixo a dirección de Rafael Agulló Albors
  • ⁠30 de novembro ás 20h. ‘Concerto Feroz’ – Bandas sonoras baixo a dirección de Rafael Agulló Albors
  • ⁠1 de decembro ás 12h. ‘Grandes Clásicos’ – concerto popular baixo a dirección de Nicolás Leiro Álvarez
  • ⁠22 de decembro ás 12h. ‘Concerto especial de Nadal’ baixo a dirección de Rafael Agulló Albors
Está pasando!