Yonathan Carreira e Cristina Acuña presentan a campaña ‘Volta ao Cole con Estrela’ | Concello de Marín

Do 1 ao 12 de setembro, voltar ao cole con Estrela de Marín ten premio

1 Setembro 2025

O xerente do Centro Comercial Aberto Estrela de Marín, Yonathan Carreira, e a concelleira de Comercio, Cristina Acuña, presentaron a campaña de dinamización comercial ‘Volta ao Cole con Estrela’, que organiza o colectivo, en colaboración co Concello de Marín, e que cofinancia a Xunta de Galicia.

Do 1 ao 12 de setembro, todas as persoas que realicen compras no comercio local poderán rexistrar os seus tickets e participar nun sorteo presencial de 1.000 euros en vales de compra.

O venres 12, haberá actividades de rúa na Alameda Rosalía de Castro e no Parque Eguren: inchables, ludoteca creativa, rochódromo, obradoiros, pintacaras, busca do tesouro e… Gran Festa da Escuma!

Actividades de balde con ticket de compra e regalos promocionais polas compras (ata fin de existencias).

Está pasando!