‘Compaña’ | Xanpatito Pato

Domingos do Principal volve este domingo con Xampatito Pato e o seu espectáculo ‘Compaña’

11 Outubro 2025

  • A proposta de teatro-circo para vai dirixida a público infantil e familiar partir de 6 anos.
  • Contará con pases ás 12.00h e 18.30h con entradas á venda anticipadamente en Ataquilla.com e, de non esgotarse, unha hora antes de cada representación no despacho de billetes do teatro.
  • Producións Excéntricas, Píscore, Teatro dos Ghazafelhos, Onírica Mecánica ou Marie de Jong serán as seguintes en subir ao escenario do Principal para achegar o mellor das artes escénicas galegas e de fóra do país.

Este domingo 12 bota a andar no Teatro Principal de Pontevedra unha nova edición do ciclo de artes escénicas para cativada e familas, Domingos do Principal, descrito polo edil de Cultura Demetrio Gómez como “unha proposta cultural para o público máis especial e esixente que temos aquí en Pontevedra, que é a cativada. Un programa que fixo con moito traballo Teatro Akatro, con moitísima calidade e variedade, xa que poderemos gozar con pezas de circo teatro, teatro de actor, de máscaras, comedia musical e clown”.

Domingo 12 de outubro • Teatro Principal • 12:00 e 18:30 h – COMPAÑA de Xanpatito Pato (Galiza)

Un personaxe solitario en busca de compaña explora a imaxinación do público para dar vida a cada un dos seus pensamentos. Este proceso faino sentir en compañía e abre un camiño cheo de sorpresas e risos.

Un espectáculo no que o teatro de monicreques e o mundo do circo se entretecen nunha fermosa historia onde todas as engrenaxes xiran á perfección creando un mundo surrealista e onírico nun relato sen palabras.

Circo teatro.

Duración: 50 minutos.

Recomendado a partir de 6 anos e público adulto.

DOMINGOS DO PRINCIPAL 2025

As representacións terán lugar entre o 12 de outubro e o 23 de novembro e contarán con pase ás 12.00 e ás 18.30 h.

Xanpatito Pato, Producións Excéntricas, Píscore e Teatro dos Ghazafelhos son as compañías galegas que levarán ao Principal circo teatro, teatro de actor, comedia musical e clown.

A murciana Onírica Mecánica apostará polo teatro contemporáneo e, chegada desde Euskadi, Marie de Jong polo teatro mudo de máscaras.

A programación de Domingos do Principal 2025 é a seguinte:

  • DOM 12 OUT • ‘COMPAÑA’ (Xanpatito Pato)
  • DOM 19 OUT • ‘MONSTROS’ (Producións Excéntricas)
  • DOM 26 OUT • ‘VERNE’ (Onírica Mecánica)
  • DOM 9 NOV • ‘MOLTO BARROCO’ (Píscore)
  • DOM 16 NOV • ‘ANDALE BON APPETIT’ (Teatro dos Ghazafelhos)
  • DOM 23 NOV • ‘Mr BO’ (Marie de Jong)

As entradas a prezo único de 4€ e os abonos para os 6 espectáculos, a un prezo de 18€, están á venda en Ataquilla.com.

De non esgotarse, estarán á venda unha hora antes de cada pase na billeteira do Teatro Principal.

Está pasando!