III Xornadas sobre Museos e Educación Patrimonial en Pontevedra

xov14decConsultarven15decIII Xornadas sobre Museos e Educación Patrimonial en Pontevedra'Coñecementos compartidos’ (Consultar) Edificio Castelao. Museo de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

As ‘III Xornadas sobre Museos e Educación Patrimonial. Coñecementos compartidos’ pretenden ofrecer un espazo de diálogo e reflexión sobre un dos temas máis importantes e de maior transcendencia no eido social.

Están organizadas polo Museo de Pontevedra e a Universidade de Santiago de Compostela. O programa inclúe conferencias, mesas de debate, obradoiros, espazos de diálogo e unha sesión de presentación de investigacións e experiencias prácticas.

Participarán representantes do Zentrum Paul Klee de Berna e o Institute Art Gender Nature FHNW Academy of Arts and Design de Basilea, ambos en Suíza, das universidades de Santiago de Compostela, Lleida, Barcelona e Zaragoza, da Bienal de Cerveira (Portugal) e de museos e centros educativos de Galicia.



As xornadas celebraránse os días 14 e 15 de decembro de 2023 no Edificio Castelao.

A inscrición, gratuíta grazas ao patrocinio da Deputación de Pontevedra, está aberta ata o 4 de decembro. Tamén está aberta a participación a través do envío de pósters vinculados coas liñas temáticas das xornadas.

O programa completo e os formularios de inscrición atópanse na web https://epatrimonial-museopontevedra.depo.gal.

Hora

decembro 14 (Xoves) - 15 (Venres)

Localización

Edificio Castelao. Museo de Pontevedra

Rúa Padre Amoedo Carballo, 3. 36002 Pontevedra

Está pasando!