La tercera edición de Ambienta, la Muestra Internacional de Cinema LGTBTIQA+ de Pontevedra se celebrará del 24 al 28 de junio

21 junio 2024

O cinema foi, e segue a ser, un ámbito de expresión artística mais tamén un lugar para narrar e representar o mundo. O colectivo LGBTIQA+ sempre atopou na sétima arte un espazo de complicidade e liberdade para crear referentes, amosar que outros mundos, diversos e disidentes, tamén son posibles.

Ambienta nace con vontade de amosar a mellor produción audiovisual, tanto no ámbito galego como a nivel internacional, da realidade LGBTIQA+. Unha mostra que busca reivindicar un cinema de calidade que tamén recolla as vidas, os seres e os sentires de todas, todos e todes. Xorde para poñer as gafas do arco da vella e seguir construíndo unha sociedade onde a diversidade sexa un dos valores fundamentais e un lugar de encontro, cultura e socialización arredor do cinema.

Do 24 ao 28 de xuño, no Teatro Principal de Pontevedra, gozaremos da mellor selección de filmes en catro seccións: Ambienta Estrea, Ambienta Actual, Ambienta Clásico e Ambienta en Curta. Nuria Vil, María Lado, Lucía Aldao, Angelly Ferreiro e Omar Banana acompañarannos nesta cita que un ano máis conta coa colaboración de Cineclube Pontevedra, FICBUEU e Avante LGBT+.

LUNS 24. 20.30 H. TEATRO PRINCIPAL

  • Presentación de Ambienta con Demetrio Gómez, concelleiro de Dinamización Social e Cultural do Concello de Pontevedra.
  • Intervención de Nuria Vil, María Lado e Lucía Aldao.
  • Proxección de ‘Delincuente’ (Alba Domínguez, 2024, Galicia, 13′, V.O.S.G.), de Nuria Vil.
  • Coloquio ‘Quen son delincuentes’, coa educadora social e activista antirracista Angelly Ferreiro.

MARTES 25. 20:30 H. TEATRO PRINCIPAL

  • Proxección de ‘Te estoy amando locamente’ (Alejandro Marín, 2023, España, 107′, V.O.E.). Premio Goya a mellor canción por ‘Yo solo quiero amor’ de Rigoberta Bandini e Premio Feroz ao mellor actor de reparto para La Dani.
  • Encontro con Omar Banana, actor en ‘Paquita Salas’ e ‘Veneno’, de Los Javis. Traballou en filmes como ‘Haraam’ e ‘Through a Dark Mirror’. Interpretou un dos personaxes principais en ‘Sin Novedad’ e papeis protagonistas en ‘Marco Polo’ e ‘Te estoy amando locamente’, película pola que foi nominado como Mellor Actor Revelación nos Premios Goya 2024, nos Carmen e nos Feroz.

MÉRCORES 26. 20:30 H. TEATRO PRINCIPAL

  • Proxección de ‘O descoñecido do lago’ (Alain Guiraudie, 2013, Francia, 107′, V.O.S.E.). Premio César a mellor actor revelación para Pierre Deladonchamps, mellor dirección no 66 Festival de Cannes para Alain Guiraudie, Giraldillo de Oro no Festival de Cine Europeo de Sevilla a mellor filme e mellor fotografía para Claire Mathon. Selección de Cineclube Pontevedra.

XOVES 27. 20:30 H. TEATRO PRINCIPAL

  • Proxección de ‘Slow’ (Marija Kavtaradze, 2023, Lituania, 104′, V.O.S.G.). Premio no Festival de Sundance a mellor dirección para Marija Kavtaradze. Selección de Avante LGBT+ Pontevedra.

VENRES 28. 20:30 H. TEATRO PRINCIPAL

  • Ambienta en Curta. Selección de FICBUEU.
    • ‘Sheee’ (Lia Campbell, 2023, Reino Unido / Irlanda do Norte / Kenia, 10’, V.O.S.E.)
    • ‘Habitar’ (Anxos Fazáns, 2023, Galicia, 15’, V.O.G.)
    • ‘Will you look at me’ (Shuli Huang, 2022, China, 20’, V.O.S.E.)
    • ‘Maurice’s Bar’ (Tom Prezman e Tzor Edery, 2023, Francia, 14’, V.O.S.E.)
  • Ambienta Clausura. ‘7 notas, 7 coras’. Música “petarda” con Tato Dj Animal Print, petiscos e agasallos poéticos con cada consumición. (La Verbena Club. Rúa Charino, 29 – Pontevedra).

Está pasando!