Fotograma de ‘Justicia artificial’

Este venres, o Cineclub Bueu proxectará a película ‘Justicia artificial’, coa presenza de Simón Casal, director do filme

29 Maio 2025

No marco do Ciclo Cinema en Galego, organizado polo Cineclub Bueu para conmemorar as Letras Galegas, o venres 30 de maio ás 21:00 horas, o Centro Social do Mar acollerá a proxección do filme ‘Justicia artificial’ (Simón Casal, 2024).

Como convidado especial, a sesión contará coa presenza de Simón Casal, director do filme, para unha charla con coloquio.

Sinopse

O goberno español anuncia un referendo para aprobar un sistema de Intelixencia Artificial na Administración de Xustiza que promete automatizar e despolitizar a xustiza substituíndo, na práctica, aos xuíces e xuízas en todos os tribunais do país.

Carmen Costa, unha recoñecida xuíza, é convidada a traballar no desenvolvemento do proxecto, pero a repentina desaparición de Alicia Kóvack, creadora do sistema, provoca unha gran desconfianza nela, ata o punto de entender que está a descubrir a punta do iceberg dunha conspiración que pretende controlar, desde a xustiza, a todo un país.

(Filmaffinity)


Está pasando!