Fotograma de ‘La marsellesa de los borrachos’

Este venres, o Cineclub Bueu proxectará a película ‘La marsellesa de los borrachos’

22 Maio 2025

No marco do Ciclo Cinema en Galego, organizado polo Cineclub Bueu para conmemorar as Letras Galegas, o venres 23 de maio ás 21:00 horas, o Centro Social do Mar acollerá a proxección do filme ‘La marsellesa de los borrachos’ (Pablo Gil Rituerto, 2024).

Como convidado especial, a sesión contará coa presenza de Leo i Arremecághona, tamén coñecido como Leo de Matamá.

Sinopse

No verán de 1961, un grupo de novos antropólogos italianos realizou unha viaxe clandestina por España, co fin de gravar cancións populares que apoiasen a resistencia antifranquista. Como resultado do seu traballo, foron procesados e as súas gravacións censuradas.

Sesenta anos despois, e da man de Emilio Jona, de 92 anos, último membro vivo daquel grupo de viaxeiros, recuperan as gravacións inéditas e reconstrúen a viaxe, hoxe, a través dunha paisaxe emocional e político, recuperando recordos históricos a través destas cancións, tan relevantes hoxe como o foron entón.

(Filmaffinity)


Está pasando!