Battosai | © Yolanda Ataraxia

‘Estrellas’ é o tema escollido por Battosai para presentarnos o seu segundo álbume ‘Lágrimas Y Milagros’

30 Xullo 2024

No ano 2021 Battosai presentou o seu primeiro álbum homónimo colleitando a aclamación da crítica especializada en medios coma Rockzone ou Mondo Sonoro. Acompañou unha xira de 40 datas coa que percorreron toda a xeografía española e na que compartiron escenario con moitas das mellores bandas do rock underground da península.

Agora, esta banda da área compostelá, abre un novo ciclo cun cambio integral de formación, pois ao fundador Héctor Ojea únense Mauro Gómez á batería (Deleiba, MJ Pérez) e Carlos Freire ao baixo (Biribirlocke, ex-Ruxe Ruxe).


Battosai | © Yolanda Ataraxia

Nova formación, novas sonoridades

‘Estrellas’ é o primeiro aperitivo do álbum. Un tema co que aseguran que buscar a felicidade a través do éxito non é máis ca un parche ás nosas frustracións. No apartado musical, o single recolle un contraste de guitarras que precede a un retrouso con moita identidade, finalizando a canción coa epicidade dun outro instrumental. Unha canción melódica pero visceral á súa vez. Tras beber nun primeiro momento do grunge e do rock alternativo, agora pódense distinguir novas influencias do post-hardcore e do emo. Soplo de aire fresco para unha banda que pretende surfear a ola da música alternativa estatal.

O single ven acompañado dun videoclip vertixinoso asinado polo director Anxo Beiro, finalista dos Premios Mestre Mateo 2024 con Fai Tempo de The Rapants. No deseño, a banda contou con Miguel Duarte, artífice visual de Tanxugueiras, Dakidarría ou Nao.

O trío compostelán volveu contar co produtor catalán Santi García (La MODA, Berri Txarrak, Viva Belgrado, Cala Vento) no estudo Ultramarinos Costa Brava da provincia de Girona.



Pistoletazo de saída para un novo álbume e unha nova xira

Este novo sinxelo serve de antesala á presentación do novo álbum, ‘Lágrimas Y Milagros’, o 31 de outubro desde 2024, a través do selo discográfico Spinda Records. Continuarán cunha nova xira por salas e festivais en toda a xeografía galega e española.

Está pasando!