This is a repeating event

10º Novos Cinemas. Festival Internacional de Cine de Pontevedra

mér10decConsultar10º Novos Cinemas. Festival Internacional de Cine de PontevedraDo 9 ao 14 de decembro de 2025(Consultar: mércores) Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O Festival Internacional de Cine de Pontevedra, Novos Cinemas, celebra a súa décima edición entre os días 9 e 14 de decembro de 2025 no Teatro Principal de Pontevedra.

Un festival polo que durante unha década pasaron cineastas como Oliver Laxe, Lois Patiño, Jaione Camborda, Carla Simón, José Luis Guerín ou León Siminiani e que este ano proxectará longametraxes de 18 nacionalidades.

Na Sección Oficial competirán nove longametraxes inéditos en Galicia, cinco dos cales se presentan en España, mentres que en Latexos son catro os filmes en concurso.

Ceres, sección da que se avanzaron dúas das producións que se visionarán en Pontevedra e que supoñen a súa estrea en Galicia: ‘Historia dunha bicicleta (sen aire nas rodas e chea de po)’, do cineasta Xoán Fernández Diz, e ‘Un piso estupendo’, do proxecto colectivo da ECAM.

En canto a Foco, por primeira vez, dedicarase a unha produtora, a arxentina Un Puma, cofundada no 2015 por Victoria Marotta e Jerónimo Quevedo.

Este décimo aniversario chega acompañado do nacemento de TerraLab e Ágora, dous espazos dedicados á formación e á industria cinematográfica.

Toda a información sobre horarios, películas e actividades pode consultarse en novoscinemas.com

Novos Cinemas está organizado pola Asociación Cultural e Cinematográfica Novos Cinemas e producido por Matriuska Producciones. Conta co financiamento do Concello de Pontevedra, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia (AGADIC) e o Ministerio de Cultura e Deporte (ICAA).

Hora

Consultar (Mércores)

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!