This is a repeating event

17º Festival Internacional de Cinema de Bueu

lun09setConsultar17º Festival Internacional de Cinema de BueudO 6 AO 21 DE SETEMBRO DE 2024(Consultar: luns) Centro Social do Mar - Bueu

Detalles do Evento

O Festival Internacional de Cinema de Bueu, o FICBUEU, celebrarase este ano entre o 6 e o 21 de setembro. O certame buenense, que cada ano presenta unha coidada selección de curtametraxes de cinema de autora e autor realizadas en todo o mundo, acada a súa décimo sétima edición.

Ademais das proxeccións da sección oficial a concurso ou doutras como ‘Descubertas’ ou ‘GZ_00’, na que pode verse o que están a facer as realizadoras e realizadores máis novas, o FICBUEU volverá convidar ao público a participar en coloquios, ou en diferentes actividades relacionadas coa sétima arte.

Volven tamén a música ou a ruta de tapas pola vila mariñeira. Bueu é o centro do Festival. A partir do 16 de setembro, co MINIFIC, volverán as actividades con centros de ensino da zona de Bueu ou a sesión familiar de proxeccións.



NOVA IMAXE

O Festival xa publicou nas súas canles en redes sociais a súa imaxe para esta décimo sétima edición, moi relacionada coa proposta deste ano para a sección ‘Retrospectiva’, que o FICBUEU vaille adicar a un dos principais creadores de cinema experimental da segunda metade do século XX.

Antes do inicio oficial do Festival, haberá proxeccións na praia. Xa o fixera o ano pasado. A partir do 6 de setembro, volve toda a actividade do FICBUEU.


O FICBUEU DEDICARALLE A SÚA «RETROSPECTIVA» A JONAS MEKAS, O FUNDADOR DO CINEMA DE VANGARDA ESTADOUNIDENSE

O Festival Internacional de Cinema de Bueu achegará esta ano ao público a figura e a obra de Jonas Mekas (1922-2019), cineasta experimental, axitador cultural, e pai do cinema de vangarda estadounidense. O FICBUEU dedicaralle a súa sección «Retrospectiva».

Durante o festival, que se celebra entre os días 6 e 21 de setembro, proxectarase unha antoloxía de 8 curtas da autoría de Mekas ademais da correspondencia fílmica que mantivo co realizador José Luis Guerín.

O FICBUEU quere propoñerlle ao seu público unha revisión crítica da obra do realizador ao que lle dedica, ademais, o seu Caderno #5.



O festival alcanza o seu décimo sétima edición cunha programación na que volverá mostrar unha selección dalgúns das curtametraxes máis interesantes e innovadores dos realizados en todo o mundo nos últimos tempos.

Coa aproximación á figura de Mekas, o Festival volve a mirada sobre un creador que, máis aló da súa obra fílmica, foi unha dinamizador clave do cinema experimental creando publicacións e iniciativas dedicadas á súa promoción, divulgación ou estudo.

Hora

Consultar (Luns)

Localización

Centro Social do Mar

Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu

Está pasando!