This is a repeating event

18º Encontro de Palilleiras Cidade de Pontevedra

sáb25abrConsultar18º Encontro de Palilleiras Cidade de PontevedraAsociación de Palilleiras A Fieitiña(Consultar: sábado) Recinto Feiral de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O Concello de Pontevedra e a Asociación A Fieitiña presentaron o 18º Encontro de Palilleiras Cidade de Pontevedra; evento que tralas paradas obrigatorias dos anos de pandemia consolidouse como o maior do estado.

A principal novidade desta edición é a ampliación do evento a tres días de duración. Ademais, a súa temática central será a música, dándolle continuidade á liña marcada polo recente Salón do Libro da cidade. O encontro desenvolverase nos 7.000 metros cadrados do Recinto Feiral e reunirá a preto de 1.000 palilleiras e palilleiros. A organización confirmou que as inscricións levan pechadas varias semanas por motivos de aforo e seguridade, co obxectivo de manter unha atención “premium” e un espazo cómodo para todas as persoas participantes.

A continuación, a programación por día:

  • Venres: Inaugurarase na parte alta do Recinto Feiral unha exposición en homenaxe a Mario Galego. Este veciño do Burgo e antigo profesor en Camariñas dedicou 35 anos ao estudo e coleccionismo do encaixe, chegando a albergar un auténtico museo na súa propia casa.
  • Sábado: A xornada estará marcada pola formación da man de Alicia Sevilla, profesora experta chegada desde Aguilar de Campoo. A súa charla centrarase no perfeccionamento da técnica, incidindo na importancia de empezar e rematar ben as obras para pór en valor o carácter artesanal e exclusivo do encaixe fronte á produción industrial por metros.
  • Domingo: Celebrarase a gran palillada ininterrompida desde as 10:00 ata as 19:00 horas. A xornada contará cun xantar de confraternidade, postos de venda de artigos e un sorteo. Desde a asociación salientaron que non se cobra ningunha taxa aos postos por instalarse, pedíndolles unicamente a doazón dun detalle para dito sorteo final. Pola súa banda, o Concello agasallará ás persoas inscritas cunha bolsa conmemorativa de deseño musical.

O encaixe non se limita á puntilla da camisa ou do mantel, por iso, as clases da asociación centráronse este ano en elaborar réplicas de instrumentos musicais, que poderán verse na exposición xunto á peza orixinal. Ademais, o centro da mostra do domingo garda unha sorpresa que a cidadanía terá que acudir para descubrir en persoa.

Hora

Consultar (Sábado)

Localización

Recinto Feiral de Pontevedra

Alexandre Bóveda, s/n. 36005 Pontevedra

Está pasando!