1º Encontro Provincial "Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes"

xov17out(out 17)19:00ven18out(out 18)21:001º Encontro Provincial "Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes" “vivir das letras”19:00 - 21:00 (18) Edificio Castelao. Museo de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Xuventude e Reto Demográfico, convoca anualmente os Premios Provinciais á Xuventude, coa finalidade de promover o talento e o esforzo da mocidade, estimular a súa creatividade e recoñecer o seu compromiso coa cultura, as artes, as ciencias e a investigación, entre outras.

As solicitudes de participación aumentan cada ano en todas as categorías, pero sobre todo nas de “traballo literario breve” e “fotografía orixinal”, o que denota un especial interese polas iniciativas de creación literaria e artística.

Neste contexto, a Deputación de Pontevedra organiza o próximo mes de outubro un encontro literario e artístico, Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes, co lema “vivir das letras”.

Este evento desenvolverase os días 17 e 18 de outubro, na zona acristalada do Edificio Castelao do Museo de Pontevedra, e nel participarán escritoras e escritores de traxectoria consolidada, así como as persoas galardoadas nas sete últimas edicións dos Premios Provinciais á Xuventude, librerías da cidade e da contorna, clubs de lectura, editoriais e persoas afeccionadas á lectura.

Este encontro, único na provincia, é unha grande oportunidade para que as persoas convidadas compartan as súas motivacións, relaten as súas experiencias no mundo literario e dean consellos e recomendacións para que se queira iniciar nesta disciplina, especialmente as mozas e os mozos con vocacións literarias.

Ademais, o encontro completarase con dúas exposicións: unha de fotografía, na que se amosarán as obras gañadoras das últimas sete edicións dos Premios Provinciais á Xuventude, e outra de pintura, que incluirá catro cadros realizados por mozas e mozos da provincia.



PROGRAMA DO ENCONTRO PONTEVEDRA LITERARIA. XUVENTUDE E ARTES, “VIVIR DAS LETRAS”

Xoves 17 de outubro, de 19 a 21 h

  • Condutora da xornada: Susana Pedreira
  • Actuación musical de Xacobe Medina (guitarra)
  • Apertura por parte do presidente da Deputación, Luis López
  • Intervención de Manel Loureiro
  • Mesa redonda:

    • Rafa Cabeleira
    • Arantza Portabales
    • Ángela Banzas

  • Preguntas e interacción co público asistente
  • Ao rematar servirase un petisco na última planta do Edificio Castelao

Venres 18 de outubro, de 19 a 21 h

  • Condutora da xornada: Bibiana Villaverde Rodríguez
  • Actuación musical de Andrea García González (piano)
  • Benvida por parte do deputado provincial Jorge Cubela
  • Lectura do poema ‘Aquí. Hoy’. de Borges
  • Intervención de Héctor Abad Faciolince: “A guerra e as letras”
  • Mesa redonda:

    • Sandra Ferreiro García
    • Rodrigo Cota
    • Alexander Vórtice
    • Xulio Teixeira Rodríguez

  • Preguntas e interacción co público asistente
  • Ao rematar servirase un petisco na última planta do Edificio Castelao

INSCRICIÓN

Para inscribirte só tes que enviar unha mensaxe a xuventudereto@depo.es, indicando o número de persoas interesadas en asistir a cada unha das dúas xornadas.

Hora

17 (Xoves) 19:00 - 18 (Venres) 21:00

Localización

Edificio Castelao. Museo de Pontevedra

Rúa Padre Amoedo Carballo, 3. 36002 Pontevedra

Está pasando!