This is a repeating event

Ecommerce Days 2025 en Pontevedra

xov09out09:00Ecommerce Days 2025 en PontevedraO punto de encontro do talento dixital09:00 Pazo da Cultura de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Concello de Pontevedra, a traves da Área de Promoción Económica, presentou a cuarta edicion dos Ecommerce Days, congreso que se celebrará no Pazo da Cultura os días 9 e 10 de outubro.

A edil de Promoción Económica, Anabel Gulías, salientou durante a presentación que “Pontevedra é unha cidade onde conviven modelos complementarios”, xa que “impulsa o comercio local e de proximidade, así como o crecemento dos negocios dixitais”.

Proba disto é que a sede física do Clúster do Ecommerce Galego se atope na Boa Vila dende o 2022. Na presentación do encontro tamén interviron Xosé Luis Reza, presidente do Clúster do Ecommerce; Alberto Cochón, secretario xeral do Clúster; e Pablo Fernández López, secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Gulías manifestou a súa satisfacción pola evolución do evento, que creceu “exponencialmente”. Se inicialmente se celebraba un primeiro encontro de expertos en Mugartegui, a súa relevancia obrigou a ampliar o recinto e a duración das xornadas. Con este desenvolvemento, Gulías sentenciou que é “unha marabilla que Pontevedra volva a ser o epicentro do comercio electrónico galego”.

Durante as xornadas do xoves e o venres, profesionais e voces expertas do mundo empresarial dixital visitarán o Pazo da Cultura de Pontevedra para ofrecer coloquios, mesas redondas, entrevistas e mesmo obradoiros de carácter práctico.

Entre os asistentes figuran persoas tan recoñecidas como os creadores de contido Xurxo Carreño e Nuria Grandío (tamén coñecida como Konachadas nas redes) amais doutros profesionais con ampla experiencia e éxito no sector dixital. É o caso do director de Marketing, Comunicación e Estratexia Dixital do Real Club Celta, Gael García; da CEO e fundadora da marca de comidas plant based Vanetta, Águeda Ubeira; ou de Guillermo Marcos, subdirector de Marketing e Comunicación de Correos Express.

O programa inclúe os faladoiros, que son sesións curtas e interactivas que permitirán afondar en temas clave como optimización web, SEO, intelixencia artificial aplicada ao márketing; ou a Cea de confraternizacion que se celebrará ao finalizar as xornadas.

Con esta edición, o evento do Clúster do Ecommerce Galego Marketing4eCommerce, que conta co apoio do Concello de Pontevedra, promete afianzarse novamente como un dos encontros piares do comercio electrónico e do marketing dixital no noroeste da Península.

Está pasando!