XIV Carreira do Cocido de Lalín

dom07abr10:50XIV Carreira do Cocido de LalínLVI Feira do Cocido de Lalín10:50 Concello de Lalín - Lalín

Detalles do Evento

A XIV edición da Carreira do Cocido de Lalín celebrarase na mañá do domingo 7 de abril de 2024, enmarcada na celebración da LVI Feira Gastronómica do Cocido, festa declarada de Interese Turístico Internacional.

A cronometraxe da Carreira do Cocido correrá a cargo da empresa Championchipnorte e realizarase a través dos chips incluídos no dorsal para tódalas categorías a excepción das posteriormente sinaladas.

As categorías “chupete e pre-benxamín” non serán cronometradas, non terán chip e non dispoñerán de podio, sendo todos os participantes obsequiados cunha medalla de participación.

Todos os participantes deberán ter dorsal e chip, único e intransferíbel, e deberán estar visibles e debidamente colocados.

Non se aceptan inscricións fora de prazo baixo ningunha circunstancia, unha vez pechadas nin o día da carreira.

Todas as probas sairán da placa do KM 0. Tanto os participantes na proba de 5km como os que realicen a de 10km terán unha saída programada conxunta.



Recollida de dorsais

  • Sábado 6 de abril, de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas (consultar RRSS do Club Atletismo Deza).
  • Domingo 7 de abril, na Praza da Igrexa de Lalín, preto da zona de saída, dende as 9:30 da mañá e ata media hora antes de cada proba (sen excepcións).

Recoméndase a recollida do dorsal o día sábado 6 no horario sinalado para evitar colas excesivas o día 7.

Non se entregarán dorsais despois de entrados nos 30 minutos previos á proba.

O Club Atletismo Deza coa colaboración e gran esforzo de algúns hostaleiros do pobo promocionou esta experiencia piloto para que cada un de vós e os vosos acompañantes poidades desfrutar da carreira do cocido e degustar o prato que lle da o nome.

O Cocido do Corredor

Na plataforma de inscricións aparecerá un apartado do menú da plataforma titulado “o Menú do Corredor” cos locais participantes en dita iniciativa,(sobre o nome de cada un está enlazado seu perfil de Google) e poderedes chamar para reservar ata fin de prazas.

O cocido do corredor e acompañante é de 25 euros/persoa.

Hora

(Domingo) 10:50

Localización

Concello de Lalín

Está pasando!