'70' de Leo Bassi en Pontevedra

xov05out21:00'70' de Leo Bassi en PontevedraFESTIVAL DE CULTURA REIVINDICATIVA 'GUERRILLA'21:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

70 anos pasan rápido. Que llo digan a Leo Bassi.

O irreverente clown mundialmente recoñecido bota a vista atrás e fai balance da súa traxectoria sobre as táboas. Un espectáculo que pon o foco no edadismo e esixe que se respecte a vellez, as experiencias e a acumulación de coñecementos. Unha nova ocasión na que este persoeiro do humor internacional reivindica a risa como ferramenta de reflexión social e o acto teatral como un ritual.

“Se alguén me dixese cando tiña 20 anos que aos meus 70 estaría cheo de proxectos e con máis ganas de vivir que nunca, consideraríao un tolo ou malintencionado. Entón tiña claro que a vida creativa era unha explosión da miña forza vital xuvenil e que pasados os 50 estaría esgotada. Chegar a 70 anos non entraba nos meus plans. Agora, fronte a unha realidade que non podo negar, teño 70 anos! Quedo totalmente asombrado polas enerxías que descubro a diario en min e quero celebralo… co meu querido público!”

Leo Bassi, a través da súa memoria, descobrenos que hai que volver ao humanismo e aos instintos. Asómbrase da súa enerxía, asumo a súa responsabilidade como chamán e bufón, axitador de emocións que reivindica a risa como unha das grandes forzas da existencia e raíz existencial do seu desexo de provocar.

O humor como reflexión da sociedade e o acto teatral como un ritual”.

Entradas anticipadas á venda dende 10 euros en Ataquilla.com



O FESTIVAL

A programación do festival de cultura reivindicativa ‘Guerrilla’ comeza cun dos seus pratos fortes, os concertos de MJ Pérez e O Rabelo, que serán o día 29 de setembro no Teatro Principal ás 21.00 horas. Estas dúas figuras son chaves para entender as reivindicacións de xénero e diversidade afectivo sexual da música galega actual. Sobre o escenario preséntase a importancia do feminismo e daranlle unha volta aos roles de xénero, abrindo camiño cara un novo espazo onde os estereotipos de xénero se dilúen num abiente festivo, inmersivo e animado.

O día 30 viaxa a Pontevedra dende Euskadi Olatz Gorrotxategui coa súa obra de teatro ‘Mierda de Ciudad, la historia del rock radical vasco’. O espectáculo será tamén no Teatro Principal ás 21.00 horas. A peza é un western musical sobre o auxe e a caída do rock radical vasco, unha historia sobre unha xeración que busca o seu lugar, chave para entender o contexto sociocultural da época.

A semana seguinte trae tres grandes nomes: Leo Bassi, Mercedes Peón e Fermín Muguruza. O xoves 5 Leo Bassi estará no Teatro Principal co seu espectáculo ’70+’, que está levantando paixóns alá por onde pasa. Nel, o famoso clown italiano reflexiona sobre o paso do tempo e conta como está vivindo a súa entrada na década dos 70: con vitalidade e ganas de facer cousas. “A mellor época da miña vida”, di. Pola súa banda, A idade como unha convención social.

artista Mercedes Peón estará o sábado 7 ás 21.00 horas no Principal con ‘Osmose’, un espectáculo audiovisual e sonoro que pon en valor a loita das obreiras da fábrica de Pontesa.

Para poñer peche a programación o domingo 8 ás 19.00 horas, contaremos coas protagonistas do documental de Fermín Muguruza ‘Bidasoa 2018-2023’, Essoh Romeo Atchori, Yedoh Aetz Atchori Lazkano e Miren Larraitz Lazkano Vendrell. Protagonistas do documental que pon voz ás historias afogadas nas augas do río Bidasoa entre Irun e Hendaia polo esforzo policial en evitar a entrada dos inmigrantes en tránsito cara o resto de países europeos. Un acontecemento real que viviu a frontera pirenaico-atlántica natural do Bidasoa no verán do 2018.



As entradas están xa á venda en Ataquilla.com cos descontos habituais. Teñen un prezo de 10 euros, agás o concerto de MJ Pérez e O Rabelo, que custa 6 euros e o documental de Fermín Muguruza, que será de balde.

Todos os espectáculos terán lugar no Teatro Principal ás 21.00 horas a excepción do documental de Muguruza ás 18.00 horas.


Hora

(Xoves) 21:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!