9ª Romaxe urbana 'Folk no Alobre'

dom31ago11:00dom23:009ª Romaxe urbana 'Folk no Alobre'música, gastronomía e outras actividades de lecer11:00 - 23:00 Parque Enrique Valdés Bermejo - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

A romaxe urbana ‘Folk non Alobre’ celebrará a súa novena edición o domingo 31 de agosto no Parque Enrique Valdés Bermejo.

O evento, organizado polo Concello de Vilagarcía e xestionado pola asociación Pés de Barro, combina música, gastronomía e outras actividades de lecer nun entorno de excepción.

‘Folk no Alobre’ forma parte do selo ‘VGA 365’, que engloba algunhas das actividades culturais de referencia na cidade. 

A actividade comeza ás 11:00 horas cunha visita guiada polo Castro e o parque acompañados por Xurxo Souto, que irá narrando a parte histórica e a relación da cidade con ese espazo natural.

A ruta estará ambientada polo o grupo tradicional Os Demos da Petaca e Guía. A saída é dende os xardíns da praza de Ravella e non é necesario reservar praza.

Ás 13:00 horas, sesión vermú coas Armadanzas, que traen o espectáculo ‘Bailando coa lingua’: son Montse Rivera e Mercedes Prieto.

Ao mediodía haberá un xantar popular amenizado por grupos tradicionais de música. Haberá tamén algún posto de venda de comida e bebida a disposición dos participantes que non queiran traer o seu propio pícnic.

Pola tarde, ás 16:00 horas haberá un obradoiro de iniciación ao baile galego solto, con Rosa do Pombal, bailadora e mestra cunha longa traxectoria neste eido. Neste caso tampouco será necesario ningún tipo de reserva ou inscrición previa.

Xa ás 18:00 horas comezan os concertos da man de Pandereteiras PésdeBarro; colle o relevo Os demos da petaca, un clásico xa do festival, con máis de vinte anos de percorrido recollendo e interpretando música popular.

Continúa o dúo Abril, formado por Claudia Abril e Marina Carpente, un proxecto no que as melodías tradicionais galegas e ibéricas son adaptadas á nosa sonoridade actual.

Malvela, o grupo de folk formado por persoas de diferentes idades que xurdiu arredor dun curso de canto popular, traen unha proposta festiva, con versión emblemáticas como o ‘Pirimpimpim’.

A festa pecharana Davide Salgado e Fransy González, unha viaxe álama de tradición galega, construída unicamente con voces e percusión.

Hora

(Domingo) 11:00 - 23:00

Localización

Parque Enrique Valdés Bermejo

Rúa Valle Inclán, 1 - 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!