Exposición 'A historia da BD en 40 orixinais'

xov22maiConsultardom01xuñExposición 'A historia da BD en 40 orixinais'BDRA GRÁFICA, FESTIVAL DE BANDA DESEÑADA DE PONTEVEDRA(Consultar) Praza da Ferraría - Pontevedra

Detalles do Evento

No marco do festival de banda deseñada BDra Gráfica, o coleccionista e divulgador de cómic, Jaume Vaquer comisaria un percorrido histórico nesta exposición de 40 orixinais que mostra algunhas das principais figuras internacionais da banda deseñada.

​’A historia da BD en 40 orixinais’ permanecerá aberta ao público na Casa Consistorial de Pontevedra, do xoves 22 de maio ao domingo 1 de xuño.

III BDRA GRÁFICA, FESTIVAL DE BANDA DESEÑADA DE PONTEVEDRA

BDra Gráfica, festival de banda deseñada do Concello de Pontevedra, naceu o 18 de marzo (día do cómic) do 2023 baixo a dirección de Kiko da Silva. Tras unha exitosa primeira edición, decidiuse facer crecer o festival e sacalo ás rúas da cidade do Lérez.

O obxectivo de BDra Gráfica, é achegar á cidadanía a grande variedade de obras creadas polos autores/as da 9ª Arte.

O protagonismo será para os creadores/as, pero tamén para outras partes fundamentais do sector da BD, como son as librarías, que contarán cunha gran carpa de 30 metros na Praza da Ferraría, onde tamén se contará cunha ampla presenza de editoriais especializadas que darán a coñecer aos lectores as súas novidades.

Todo aderezado con exposicións dos autores/as, proxeccións de cinema, conferencias, sesións de sinaturas e Xornadas Profesionais de BD, do 22 ao 25 de maio en Pontevedra.

Hora

Maio 22 (Xoves) - Xuño 1 (Domingo)

Localización

Praza da Ferraría

Praza da Ferraría, Pontevedra

Está pasando!