'A primavera da aldea' en Cambados

sáb03mai20:00'A primavera da aldea' en Cambadosgrupo de teatro O Merlo do CEIP As Covas de Meaño20:00 Auditorio Municipal de Cambados - Cambados

Detalles do Evento

O sábado 3 de maio ás 20.00 horas no Auditorio Municipal de Cambados, o grupo de teatro O Merlo do CEIP As Covas de Meaño porá en escena a obra ‘A primavera da aldea’, escrita por Carlos Yus e María Campos, fundadores da compañía Migallas Teatro.

Nesta peza abórdanse con humor e optimismo, entre outros temas, cuestións tan importantes como o despoboamento do rural e a chegada de persoas inmigrantes. Escenas emotivas combínanse con escenas humorísticas co fin de entreter os espectadores ao mesmo tempo que se provoca neles unha reflexión sobre as posibles solucións a estes problemas.

Entrada de balde ata completar capacidade.



O grupo de teatro O Merlo está formado por un total de 22 nenas, nenos, nais, pais, avoas e avós da comunidade educativa do CEIP As Covas de Meaño que participan desde o mes de outubro de 2024 na actividade ‘Xoguemos ao teatro’ coordinada por Carlos Yus.

Esta actividade enmárcase no Proxecto Documental Integrado (PDI) que está a desenvolver o CEIP As Covas-Meaño durante este curso escolar 2024-2025 baixo o nome de ‘Cruzamos?’. Nel, a comunidade escolar aborda o achegamento ás culturas de alén do mar, América, o Atlántico, o mundo mariño e as migracións, entre outras cuestións.

Hora

(Sábado) 20:00

Localización

Auditorio Municipal de Cambados

Rúa San Francisco, 12 36630 Cambados

Está pasando!