‘A Recalada, encontro do mar’ en Soutomaior

sáb16ago10:00‘A Recalada, encontro do mar’ en SoutomaiorConcello de Soutomaior10:00 Peirao de Arcade - Soutomaior

Detalles do Evento

A segunda edición do encontro do mar ‘A Recadala’ desenvolverase ao longo de toda a xornada do sábado 16 de agosto na zona do Peirao de Arcade.

tradición mariñeira do concello de Soutomaior vén de lonxe, séculos de historia patentes a través dun xeito de vida que, aínda que algo modificado, chega ata os nosos días, e que se pode apreciar, a través da rica gastronomía da zona e da vinculación que a economía local ten co mar, xa ben sexa a través da gastronomía ou a través do desenvolvemento das artes de pesca e dos oficios do mar.

Durante a xornada do 16 de agosto haberá actividades moi variadas relacionadas co mar, o turismo sostible, as artes de pesca, a artesanía local, a gastronomía, a música popular nunha ampla programación que contará con navegacións, concertos, exposicións, animación na rúa, artesanía, exposicións, obradoiros e actividades para a cativada e para todas as idades.

Na xornada do sábado 16 de agosto, coa ‘Recalada’, xogará un papel moi importante a colaboración de entidades como Culturmar, o Clube Náutico de Arcade, a Confraría de Arcade, a asociación de mariscadoras, a Asociación de baile e a música tradicional galega ou a de colectivos como os de artesanía e comercio local, entre outros moitos; que un no máis colaboran neste evento tan singular impregnado da esencia coa que os galegos e as galegas contamos cando nos xuntamos para compartir e gozar do vivido e do que queda por vir.

Unha cita que contará co izado das velas, cunha feira de artesanía local, cunha zona gastro-Navy Bar, con obradoiros para as e os máis pequenos da casa, con sesión vermú a cargo de Abeleiras de Alaxán e Chispas do Lérez e co concerto a noitiña dos Carunchos e a celebración cun fin de festa cunha “Fiada” á que todas e todos están convidados.

A todo isto sumaranse visitas guiadas ás embarcacións, paseos en kaiak ou unha mostra de instrumentos tradicionais.

Para as actividades con inscrición previa, indicadas no programa, o prazo ábrese mañá, xoves 24 de xullo, a partir das 21:00h. e pechararse o 13 de agosto ás 14:00h.

As actividades con inscrición previa son a navegación e degustación a bordo do “Balardo de Santa Cruz” e os paseos en caiac.

Máis información sobre a programación en soutomaior.gal e para inscricións en liña en soutomaior.gal/actividades

Hora

(Sábado) 10:00

Localización

Peirao de Arcade

Lugar Peirao, 16 36690 Arcade Soutomaior

Está pasando!