'A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza' en Cangas

ven23xan18:00'A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza' en CangasA Xanela do Maxín18:00 Auditorio Municipal de Cangas - Cangas

Detalles do Evento

Inspirada no best seller infantil homónimo, A Xanela do Maxín presenta a comedia infantil ‘A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza’, con Celtia Figueiras (actriz e titiriteira), Luis Vallecillo (titiriteiro e músico) e Pablo Pérez (músico e efectos).

A Toupiña saía do seu tobo e algo lle caeu na cabeza, a modo de pucho cheirento. Daquela, percorrerá a granxa investigando -moi indignada- cal dos animais que alí viven lle fixera semellante agravio: a pomba, o cabalo, a lebre…

Unha obra simpática e escatolóxica que provoca gargalladas e fai que os espectadores empaten coa toupiña que quería saber, ferida no seu orgullo.

O ecoloxismo, reutilización e reciclaxe tamén son temas sobre os que xira a totalidade dun espectáculo no que o público terá unha visión diferente dun tema tan natural como a vida mesma, ademais de facer unha reflexión sobre o final do conto: A vinganza é a opción correcta?

Con esta obra foméntase a curiosidade, así como o coñecemento e respecto cara os animais. Todo dunha maneira cómica e moi divertida. Estimúlase a intelixencia emocional, e o recoñecemento das diferenzas, nun ambiente de expectación e misterio, capaz de encandear ao público.

Entradas anticipadas á venda dende 8 euros en Ataquilla.com

Hora

(Venres) 18:00

Localización

Auditorio Municipal de Cangas

Avenida de Lugo, 27A, 36940 Cangas, Pontevedra

Está pasando!