Actos do 8M en Salvaterra de Miño

ven28marConsultarActos do 8M en Salvaterra de MiñoDía Internacional da Muller(Consultar: venres) Casa da Cultura de Salvaterra - Salvaterra de Miño

Detalles do Evento

Concello de Salvaterra de Miño quere convidar a toda a cidadanía a un acto especial que se celebrará o próximo venres 28 de marzo, enmarcado nas actividades de conmemoración do Día Internacional da Muller, o 8 de marzo. Este evento terá lugar na Casa da Cultura de Salvaterra de Miño.

Ese día presentarase un vídeo creado polo grupo de audiovisuais do IES Salvaterra de Miño, que ofrece unha mirada sobre a igualdade e o papel da muller na sociedade actual, desde a perspectiva da xente moza.


Acto 8M 2024 | Concello de Salvaterra de Miño

Este proxecto busca dar voz aos adolescentes e reflexionar sobre os retos e logros que as mulleres enfrentan no seu día a día.

O obxectivo é fomentar a igualdade desde a educación e a participación activa da mocidade en temas sociais e ó mesmo tempo xerar conciencia sobre a igualdade de xénero, recoñecer as contribucións das mulleres en diversos campos e promover o empoderamento.

Hora

Consultar (Venres)

Localización

Casa da Cultura de Salvaterra

Rúa Raíña Dona Urraca, 12 - 36450 Salvaterra de Miño

Está pasando!