xullo, 2021

19xulTodo o día24xul‘Ambienta’Mostra Internacional de Cinema LGBTIQA+ de Pontevedra(Todo o día) Praza da Pedreira, PontevedraEvento tipo:Ademais

Detalles do Evento

A Mostra Internacional de Cinema LGBTIQA+ de Pontevedra ‘Ambienta’ recolle o testemuño do FLOP Cinema que cada verán desde 2018 se ven celebrando coincidindo co Día Internacional do Orgullo LGBTIQA+ cada 28 de xuño.

‘Ambienta’ nace para seguir poñendo o acento no cinema como arte e como vehículo. Como reflexo de distintas épocas e sensibilidades que nos axuda a poñer as gafas violetas, as gafas de clase ou como neste caso, as gafas do arco da vella para seguir construíndo unha sociedade onde a diversidade sexa un dos valores fundamentais. Mais tamén como lugar de encontro, cultura e socialización arredor do cinema para gozar do espazo público da cidade.

Trátase dun dos programas incluídos na programación de verán ‘O son da rúa’ e que se desenvolverá desde o luns 19 ata o sábado 24 de xullo, con proxeccións na praza da Pedreira de títulos destacados no eido nacional e internacional.

A programación contempla catro bloques, Ambienta_actual, Ambienta_clásico, Ambienta_doc, e Ambienta_en curta, e na escolla dos títulos colaboraron o Cineclube Pontevedra, Asociación Avante LGBT+, Novos Cinemas, e FIC Bueu.

Ademais das proxeccións, o programa inclúe unha serie de actos complementarios como coloquios con directoras ou participantes nos filmes, ou escritoras.



DO 19 AO 24 DE XULLO // PRAZA DA PEDREIRA


 LUNS 19 DE XULLO  

22:00 h. ACTO DE PRESENTACIÓN

Acto de presentación de AMBIENTA, Mostra Internacional de Cinema LGTBIQA+ de Pontevedra coa presenza de Carme Dasilva, Carme Adán e Cristina de la Torre (Directoras da curtametraxe inaugural: FALAN ELAS, producida polo Consello da Cultura Galega)

22:30 h. AMBIENTa_actual

Proxección de DEUX (Entre nós) // Filippo Meneghetti, Francia, 2019, 95′, V.O.S.E.


 MARTES 20 DE XULLO 

22:30 h. AMBIENTa_actual

Proxección de DRAMARAMA // Jonathan Wysocki, USA 2020, 91’, V.O.S.E.

*En colaboración con Novos Cinemas.

* A proxección deste filme incluirá a gravación dun vídeo desde Los Ángeles co saúdo do director á Mostra Internacional de Cinema LGBTIQA+ de Pontevedra, AMBIENTA.


 MÉRCORES 21 DE XULLO 

22:30 h. AMBIENTa_clásico

Proxección de HAPPY TOGETHER (Felices xuntos) // Wong Kar-Wai, Hong Kong 1997, 98’, V.O.S.E.

*En colaboración con Cineclube Pontevedra.


 XOVES 22 DE XULLO 

20.00 h. AMBIENTa_doc

Encontro con Valeria Vegas, autora do libro de memorias de LA VENENO que serviu de base á serie audiovisual producida por ATRESMEDIA e de VESTIDAS DE AZUL, análise social e cinematográfico da muller transexual nos anos da transición, a partir do documental do mesmo título dirixido por Antonio Giménez Rico.

*Este encontro inclúe a sinatura por parte da autora de exemplares dos seus libros.

22:00 h. AMBIENTa_doc

Presentación do documental VESTIDA DE AZUL coa presenza de Nacha la Poderosa, protagonista do filme.

22:30 h. AMBIENTa_doc

Proxección de VESTIDA DE AZUL // Antonio Giménez Rico, España 1983, 96’


 VENRES 23 DE XULLO 

22:30 h. AMBIENTa_actual

EN BUSCA DE SUMMERLAND // Jessica Swale, Reino Unido 2020, 99’, V.O.S.E.

*En colaboración con Avante LGBT+


 SÁBADO 24 DE XULLO 

22:00 h. ACTO DE CLAUSURA

Acto de clausura de AMBIENTA, Mostra Internacional de Cinema LGBTIQA+ de Pontevedra, coa intervención do vídeo creador Jairo Moreno, director de MÁIS ALÁ DO ARCO DA VELLA, peza audiovisual realizada en exclusiva para Ambienta.

22:30 h. AMBIENTa_en curta

HOW TO DIE YOUNG IN MANILA (Como morrer xoven en Manila) // Petersen Vargas, Corea do Sur 2020, 12’, V.O.S.E.s

MIN VÄRLD I DIN (O meu mundo no teu) // Jenifer Malmqvist, Suecia 2019, 28’, V.O.S.E.

HVA ER EN KVINNE (Que é unha muller) // Marin Håskjold, Noruega 2020, 14’, V.O.S.E.

PROGRESSIVE TOUCH (Contacto progresivo) // Michael Portnoy, Austria – Holanda 2020, 12’, V.O.S.E.

PLAYBACK. ENSAYO DE UNA DESPEDIDA // Agustina Comedi, Arxentina 2019, 14’ V.O.

*En colaboración con FIC Bueu

Hora

xullo 19 (Luns) - 24 (Sábado)

Localización

Praza da Pedreira

Praza da Pedreira, Pontevedra

Está pasando!