‘Amoriños’ | Aigi Boga

'Amoriños', con Touriñán e Perdomo en Vilagarcía

sáb14mar21:00'Amoriños', con Touriñán e Perdomo en VilagarcíaUN ESPECTÁCULO DE CITAS21:00 Auditorio Municipal de Vilagarcía - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

Touriñán e Perdomo levan xirado con ‘Amoriños’ por toda Galicia e recollendo éxitos por todos os escenarios polos que pasou o espectáculo de Aine Produccións. Trátase dunha comedia para público adulto baseada nos programas de encontros para atopar parella.

Co estilo e a retranca que caracteriza a estes dous cómicos, ‘Amoriños’ conta “citas tolas, paixóns imposibles e personaxes que non deberían xuntarse… pero xúntanse igual”.

Esta nova cita será o sábado, 14 de marzo, ás 21:00 horas, no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa.

As entradas xa están a venda en Ataquilla.com dende 16,74 euros. De non esgotarse antes, tamén se poderán adquirir o mesmo día da función na billeteira do Auditorio a partir das 19:00 horas.

Hora

(Sábado) 21:00

Localización

Auditorio Municipal de Vilagarcía

Av. da Mariña, s/n, 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!