Vista panorámica de Tui | © Concello de Tui

Andainas Saudables da Eurocidade Tui-Valença

dom06out10:00Andainas Saudables da Eurocidade Tui-ValençaDo 7 de abril ao 15 de decembro de 202410:00 Eurocidade Tui-Valença -

Detalles do Evento

Dentro do Calendario Deportivo da Eurocidade Tui-Valença, entre o 7 de abril e o 15 de decembro de 2024 vaise celebrar o Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade, organizado polo club AndaTui Rego da Pedra e o club Celtas do Minho.

As datas das andainas/caminhadas do 2024 son as seguintes:

  • 7 de abril, Andaina de San Telmo (8 km). Saída dende a praza da Inmaculada ás 10:00h (ES)
  • 26 de maio, Trilho da Fortaleza (5 km). Saída dende a porta do Sol ás 09:00h (PT)
  • 9 de xuño, Andaina do río Furnia (10 km). Saída dende a igrexa de Malvas ás 10:00h (ES)
  • 27 de xullo, Trilho do Castelo das Furnas (13 km). Saída dende o centro Cycling Walking de Taiao ás 19:00h (PT)
  • 10 de agosto, Andaina Histórica de Tui (5 km). Saída dende a praza da Inmaculada ás 20:30h (ES)
  • 29 de setembro, Trilho do monte Faro (10 km). Saída dende a capela da Nossa Sra do Faro ás 09:00h (PT)
  • 6 de outubro, Andaina dos muiños do río Tripes (10 km). Saída dende a Macoca ás 10:00h (ES)
  • 24 de novembro, Trilho do monte Carvalho (10 km). Saída dende a igreja Matriz de São Julião ás 09:00h (PT)
  • 15 de decembro, Andaina Solidaria (10 km). Saída dende a praza da Inmaculada ás 10:00h (ES)

Cada andaina/trilho ten un prezo de 6 euros por persoa.

A inscrición podes facela desde aquí. En caso dalgunha dúbida podes chamar o seguinte teléfono 607 785 601 (Tato).


Hora

(Domingo) 10:00

Localización

Eurocidade Tui-Valença

Está pasando!