Ano Castelao 2025 en Pontevedra

ven07novConsultarAno Castelao 2025 en Pontevedraoutubro 2025 a xaneiro 2026(Consultar: venres) Concello de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O Concello de Pontevedra presentou a programación de actividades que porán o broche á celebración do Ano Castelao.

Entre as propostas están as palestras organizadas da man do Ateneo, que celebrará as seguintes o 22 de outubro ás 19.00 h no Pazo da Cultura e o 29 do mesmo mes no Café Moderno. Terá tamén lugar o Centenario da Coral Polifónica de Pontevedra o 22 de outubro.

No mes de novembro a programación contará cun roteiro por Pontevedra lembrando a Castelao dirixido a alumnados dos centros de secundaria da cidade e o día 8, a representación de ‘Os vellos non deben de namorarse’ da man de Os de Algures, Sete Espadelas, Aula de Teatro e outras entidades que, tal e como destacou o edil “é unha representación moi especial, que só se vai poder ver este día en todo o país.

Contará con toda a escenografía que Castelao deseñou para esta obra e hai un traballo especialísimo de recuperación de vestiario”.

Tamén no mes de novembro as xornadas de memoria ‘O exilio galego’ organizadas por Montse Fajardo que serán os días 14 e 15 no Centro Social do Gorgullón e o día 14 no local social de Lusquiños, a actividade infantil ‘Panchito’ da man de Polo Correo do Vento.

“Gustaríanos agradecer moitísimo a Polo Correo, o esforzo que está a facer para que esta actividade e a que levaron a cabo o pasado 10 de outubro se poida desenvolver. Logo do pasamento dun dos seus fundadores, que no renunciaran a levar a cabo as actividades programadas é moi encomiable”.

Para final de ano, o 18 decembro da man de Maiolongo, poderemos gozar dunha lectura de textos de Castelao no Café Moderno: “parecíanos unha boísima maneira de rematar o ano, escoitando a Castelao no espazo no que Castelao tiña os seus faladoiros”.

O Ano Castelao rematará o 7 de xaneiro, día do pasamento de Castelao, nun acto institucional que contará coa presenza de Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega que é a entidade que impulsou que en toda Galiza se celebre o Ano Castelao.

Hora

Consultar (Venres)

Localización

Concello de Pontevedra

Está pasando!