Antonio Barros e iAlma presentan 'Con iAlma' en Cangas

ven31xan20:30Antonio Barros e iAlma presentan 'Con iAlma' en Cangasun espectáculo de boleros e baladas20:30 Auditorio Municipal de Cangas - Cangas

Detalles do Evento

O venres 31 de xaneiro, ás 20:30 horas no Auditorio Municipal de Cangas, Antonio Barros e iAlma presentan ‘Con iAlma’, un espectáculo de boleros e baladas, de sona e recoñecidos, que agochan unha historia real de vida nas súas letras ou na súa música versionada para piano e voz.

Será imposible condensar todas nun espectáculo de 90 minutos de duración, pero si dar unha pincelada a cancións de autores tales como Nino Bravo, Camilo Sesto, Los Panchos… entre outros. Un espectáulo acústico, piano e voz, levado a cabo polos artistas galegos afincados en O Porriño, Antonio Barros (voz) e iAlma (piano e coros).

Un espectáculo adaptado a todos os públicos, que conta cun repertorio coñecido e recordado por todos, levado a cabo dun xeito dinámico e participativo co público, no que a introducción previa a execución de cada peza se volve unha parte fundamental do espectáculo conseguindo unha interacción real entre os artistas e o público.

Cun fio conductor que traza unha liña de principio a fin, todas as cancións comparten unha temática: a exaltación do Amor como emoción principal, a que move o mundo.

Outro dos puntos fortes é a posta en escena, íntima e elegante, conseguindo crear un ambiente familiar e relaxado, dotada o mesmo tempo dunha expresividade desbordante na execución de cada canción.

Entradas anticipadas á venda dende 10,60 euros en Ataquilla.com

Hora

(Venres) 20:30

Localización

Auditorio Municipal de Cangas

Avenida de Lugo, 27A, 36940 Cangas, Pontevedra

Está pasando!