‘Aquí Cántase’ | Maravallada

'Aquí Cántase' en Pontevedra

ven08ago21:00'Aquí Cántase' en Pontevedracanto colectivo e masivo de cancións tradicionais 21:00 Concello de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Actividade de promoción do canto tradicional, animada polo grupo de música tradicional Maravallada, que reúne un elevado número de persoas.

Desenvolverase nas prazas de Curros Enríquez, Teucro, Teatro Principal e Santa María.

Coma sempre, para facilitar a participación, repartiranse as letras das cantigas nas prazas, o que garante que todas as persoas presentes poidan seguir o fío dos directores e cantar sen dificultade. En total, o repertorio estará composto por 20 cantigas, interpretándose cinco por praza. Este 2025 haberá un total de cinco incorporacións melódicas novas.

Ademais, a Treboada do Baixo Miño acompañará aos participantes de praza en praza, achegando alegría e atraendo a atención de todos os paseantes.

Nesta ocasión, a dirección do evento corre a cargo de Roi Xesteira, irmán de Anxo Xesteira, quen non poderá exercer no seu posto habitual. A función do director é guiar os ensaios nos centros culturais e dirixir o canto o día do evento, mantendo a continuidade.

Hora

(Venres) 21:00

Localización

Concello de Pontevedra

Está pasando!