'As que Limpan' en Pontevedra

xov06out21:00'As que Limpan' en PontevedraPonteatro21:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Enmarcado no ciclo Ponteatro, a compañía A Panadaría porá en escena no Teatro Principal de Pontevedra a obra ‘As que limpan’, con Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman.

Un cartel pendurado no manubrio da porta. “Por favor, arranxe o cuarto”. Ao regreso da praia, as camas feitas, as toallas limpas e o baño impoluto e inmaculado.

Son as que limpan, as invisibles que carretan ao lombo un sistema turístico precarizador e insostible. As que limpan é unha sátira utópica inspirada na loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por conseguiren uns dereitos laborais e sociais xustos.

Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hoteleiras. Hai quen nunca limpou un váter e hai quen limpa cincocentos ao mes.

Entradas anticipadas á venda desde 8 euros en Ataquilla.com

Hora

(Xoves) 21:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!