Enseada e Isla de San Simón | © Concello de Redondela

This is a repeating event

Roteiros ambientais e culturais para o verán en Redondela

dom13xulConsultarRoteiros ambientais e culturais para o verán en RedondelaDo 5 ao 29 de xullo de 2025(Consultar: domingo) Concello de Redondela - Redondela

Detalles do Evento

As concellerías de Turismo, Sostibilidade e Medio Ambiente de Redondela apostan unha vez máis polas actividades de ecoturismo, de educación ambiental e culturais. Logo do éxito das saídas organizadas en anos anteriores, este mes de xullo ofrecen unha ampla proposta de roteiros e actividades a pé, en bici ou en kaiak, a maioría delas de balde.

Como novidade este verán estréase a ruta “Redondela oculta: entre a lenda e a superstición” a cargo da guía turística Soledad Chayán. No percorrido dáse conta das supersiticións e tradicións arredor dos oficios, sobre todo dos mariñeiros, onde se destacan personaxes como a bruxa Benita, o mago Marcolfo ou Xan Carallás, mítico fundador da vila de Redondela. En xullo haberá dúas citas con esta ruta, os días 15 e 29.

Os roteiros comezan o sábado 5 de xullo cun paseo nocturno á Punta de Cesantes. Ao día seguinte, poderemos disfrutar dunha ruta ambiental polo río Fondón ou dun paseo en kaiak turístico á Portela.

O martes 8 haberá unha visita guiada ao cemiterio dos Eidos, o xoves 10 unha divertida sesión de ‘Orientaventura’ en bicicleta en Chan das Pipas, e na fin de semana dúas rutas ambientais: o sábado 12 un roteiro guiado a Monte Penide e o domingo 13 a saída será á zona intermareal de Cesantes, desde o peirao ata a Punta.

Na segunda quincena do mes haberá outras interesantes propostas como unha ruta nocturna polo río Maceiras, un roteiro ambiental polo río Pexegueiro ou unha actividade de observación de estrelas na Miñoteira, en Ventosela.

O Concello de Redondela anima tanto á veciñanza como aos visitantes e turistas a participar nestas atractivas actividades organizados para público de todas as idades.

No mes de agosto continuarán as saídas guiadas de turismo ambiental e cultural. Para participar nestas actividades é preciso facer a inscrición previa na oficina de turismo, no teléfono 986 40 17 13 ou no enderezo electrónico [email protected].

Hora

Consultar (Domingo)

Localización

Concello de Redondela

Está pasando!