Concerto de Astarot en Cangas

sáb06mai20:00sáb23:50Concerto de Astarot en Cangas40 ANIVERSARIO ESPECIAL CON INVITADOS20:00 - 23:50 Auditorio Municipal de Cangas - Cangas

Detalles do Evento

O grupo ‘Astarot’, a icónica banda de rock galego, celebra o seu 40 aniversario cun concerto especial para o que contará coa participación especial de invitados de luxo, que se irán desvelando nas próximas semanas.

Este evento reunirá a unha parte moi representativa do panorama musical galego, de agora e de sempre.

A banda ‘Astarot’, formada por Juan A. Antepazo (vocalista principal), Carlos Gandón (guitarras e voces), Nano Vikendi (guitarras e voces), Carlos Rodal (baixo), e José M. Piedra (batería), darán un espectáculo cheo de forza co seu peculiar estilo de rock fusionado con música celta.

Un repaso dos temas clásicos galegos incluídos na súa última discografía, a cal os posicionou como a lenda viva do rock galego.

Entradas anticipadas á venda dende 10 euros en Ataquilla.com

Hora

(Sábado) 20:00 - 23:50

Localización

Auditorio Municipal de Cangas

Avenida de Lugo, 27A, 36940 Cangas, Pontevedra

Está pasando!