This is a repeating event

Atlantic Fest 2025 en Vilagarcía de Arousa

ven18xulConsultarAtlantic Fest 2025 en Vilagarcía de Arousa18, 19 e 20 de xullo de 2025(Consultar: venres) Praia da Concha - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

Os días 18, 19 e 20 de xullo, Atlantic Fest volverá traer a mellor música en directo á Praia da Concha de Vilagarcía de Arousa.

Tres días para desconectar e mergullarse nunha experiencia auténtica, rodeado de amigos, boa música e ese ambiente único que só se vive aquí.

Desde o primeiro día, Atlantic Fest foi máis que un festival: é un encontro entre persoas que aman a música e valoran a autenticidade.

Atlantic Fest 2025 contará con 1 escenario principal, ‘Galicia Calidade’, e un espazo para Dj’s, ‘Vibra Mahou’, que estarán activos o venres 18 de xullo e o sábado 19 de xullo no recinto principal do festival en Praia da Concha.

O domingo 20 de xullo os concertos trasládanse á Praza do Castro de Vilagarcía de Arousa no escenario ‘Vibra Mahou’.

O festival está pensado tamén para a familia, xa que contará cun espazo de diversión para os máis pequenos, así como zona gastro e espazo suficiente para facer paróns entre tanta música.

Horarios de concertos:

 VENRES 18 | PRAIA DA CONCHA 

Apertura de portas: 19:30

Escenario Galicia Calidade

  • 20:10 – Luz Futuro
  • 20:55 – Cristalino
  • 21:40 – Lori Meyers
  • 23:20 – Slowdive
  • 01:05 – The Jesus & Mary Chain

Escenario Vibra Mahou – Grande Osso (sets) 20:40 | 21:25 | 22:50 | 00:35

 SÁBADO 19 | PRAIA DA CONCHA 

Apertura de portas: 13:30

Escenario Galicia Calidade

  • 14:00 – Quique González
  • 15:30 – pablopablo
  • 16:45 – La Bien Querida
  • 18:15 – Xoel López
  • 20:05 – León Benavente
  • 21:45 – Los Planetas
  • 23:25 – Primal Scream
  • 01:10 – Zahara

Escenario Vibra Mahou – Grande Osso (sets) 13:45 | 15:10 | 16:15 | 17:45 | 19:35 | 21:15 | 22:55 | 00:40

 DOMINGO 20 | PRAZA DO CASTRO 

Escenario Vibra Mahou

  • 13:00 – Bestia Bebé
  • 14:30 – Tito Ramírez



Horario de cambio de pulseiras:

As pulseiras só serán entregadas ás persoas que as porten, e poñeranse no lugar de cambio polo persoal do festival. En ningún caso entregaranse pulseiras para terceiros.

  • 17 xullo (Auditorio): 17:00 a 21:00
  • 18 xullo (Praia da Concha): 12:00 a 01:00
  • 19 xullo (Praia da Concha): 10:00 a 01:00


Acceso Cámping / Glamping:

Se compraches o suplemento camping ou glamping ou os packs de glamping, é moi importante que che poñas a túa pulseira antes de ir ao Camping Río Ulla, xa que na pulseira vai o acceso ao cámping / glamping que compraches. Unha vez no cámping só terán que ler a túa pulseira para darche o acceso que comprases.


Actividades infantís en Atlantic Fest:

TURISMO RÍAS BAIXAS – DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Sábado 19 de xullo:

  • PINTACARAS / GLOBOFLEXIA
    14:00h a 19:00h
    19:30h a 22:00h

  • ZONA DE XOGOS
    14:00h a 22:00h
  • ZONA LIVE MUSIC EN PANTALLA XIGANTE
    14:00h a 18:00h
    18:30h a 21:30h
  • SINESTESIA SONORA: PINTAR MÚSICA
    14:00h a 21:00h
  • RITMO CORPORAL COLECTIVO
    14:00h a 18:00h


Campaña contra agresións sexistas:

Dentro do noso plan de igualdade, que compartimos con todos os traballadores e provedores do festival, estamos a levar a cabo unha Campaña contra as agresións sexistas, da que elaboramos un folleto con información para que os asistentes do festival póidanllo descargar na nosa páxina web e que anexamos aquí para a súa descarga directa.

No festival teremos un Punto lila e Arco Iris que depende da Consellería de Igualdade e que ofrece un espazo seguro, de escoita e atención ao que podes acudir ante calquera problemática tanto de violencia de xénero como do colectivo LGTBI. Un espazo que conta con sexólogas, psicólogas, traballadoras sociais para acompañar calquera situación que se poida dar. Podes localizar o Punto Lila e Arco Iris no mapa.


Bolsas de aparcamento:

Se vés en coche a Atlantic Fest, poderás aparcar nas sete bolsas de aparcamento coas que contará o festival, unha delas para autocaravanas e unha exclusiva para persoas con mobilidade reducida que se atopa na porta do recinto do festival.



Horario buses festival:

Se vas utilizar a zona de acampada / Glamping do festival situada no Cámping Río Ulla, o festival pon buses gratuítos unindo o Recinto do festival / Estación de tren (parada en baixada estación de tren) ao Camping Río Ulla nos seguintes horarios:

  • Venres 18 de xullo de 15:00 a 03:30
  • Sábado 19 de xullo de 11:00 a 04:00
  • Domingo 20 de xullo de 11:00 a 16:00

Hora

Consultar (Venres)

Localización

Praia da Concha

Está pasando!