‘Bernarda’ | Malasombra Producións

'Bernarda' en Sanxenxo

sáb31xan20:30'Bernarda' en Sanxenxo Malasombra Producións20:30 Auditorio Emilia Pardo Bazán - Sanxenxo

Detalles do Evento

A obra de teatro ‘Bernarda’, da compañía Malasombra Producións, porá o broche de ouro á programación do mes de xaneiro no Auditorio de Sanxenxo, o día 31 de xaneiro, ás 20:30 horas.

A historia con texto orixinal de Jose Prieto, inspidada en ‘A casa de Bernarda Alba’, está ambientada nun pequeno pobo de Galicia en 1975.

Bernarda queda viúva o mesmo día que morre Franco. Quédase con dúas fillas xemelgas pequenas.

Bernarda decreta un período estrito de loito. Durante dous anos prohíbeselles ver a televisión, escoitar a radio ou ler revistas.

Durante dous anos só poden saír da casa para ir á igrexa, á tenda ou ao cemiterio. Durante dous anos as persianas deben permanecer pechadas día e noite. Fóra, a sociedade está a sufrir unha transición. Dentro, Bernarda fai todo o posible para evitar que eses cambios entren na súa casa.

Entradas anticipadas á venda dende 5 euros en Ataquilla.com

Hora

(Sábado) 20:30

Localización

Auditorio Emilia Pardo Bazán

Rúa Miraflores, 3 - 36960 Sanxenxo

Está pasando!