abril, 2021

16abr20:00Ensemble Verxel"Nas Ondas 2021"20:00 Auditorio Martín Códax, VigoEvento tipo:Música

Detalles do Evento

Ensemble Verxel presenta o súa nova performance ‘Bolboreta’ no Auditorio Martín Códax, dentro da programación do VI Festival de Música e das Artes do CSMVigo “Nas Ondas 2021”.

Emma Alonso Ramonet (violín)
Laura Díaz-Garzón Dopico (viola)
Sabela Vázquez Ramos (Cello)
Estefanía Fernández Agulla (Flauta)
Melissa David Álvarez (clarinete)
Tania Justo Román (Piano)
Gabriel Vázquez Fernández (bailarín)
Patricia Villalón Gómez (bailarina)

Verxel nace en 2017 a raíz do seu primeiro proxecto, ‘Morriña’, que se estreou no Festival Nas Ondas (2018), quedando finalistas no concurso Vigo en Vivo (Vigo, 2018) e semifinalistas no Festival Piano Meeting (Ourense, 2018).

Esta agrupación está formada por 2 bailaríns e coreógrafos e 6 músicos (violín, viola, violoncello, piano, frauta e clarinete), un conxunto galego e de maioría feminina que realiza unha performance na que trata de achegar a arte contemporánea a todo tipo de público, empregando a mestura de disciplinas artísticas como a danza, a música e o teatro.

Agora presenta o súa nova performance ‘Bolboreta’, na que se establece un paralelismo entre a transformación dun ovo de verme nunha bolboreta coa conversión dunha relación nun inferno, pasando polas diferentes fases da metamorfose. Unha denuncia do maltrato, o machismo e o patriarcado levada a todos os públicos a través dunha historia que sucede de maneira cotiá e explicada a través dun proceso sinxelo, visible e clarividente como é a vida dunha bolboreta de seda.

PROGRAMA

Olga García Álvarez Ovo
Alejandro Galansky Máscara
Gloria Rodríguez Gil Ör
Manuel María Veiga Lombardía Bolboreta
Manuel Carballo Pastoriza El guardián del arco iris


NAS ONDAS 2021

O Conservatorio Superior de Música de Vigo (CSMV) presenta o VI Festival da Música e das Artes NAS ONDAS, que se desenvolverá entre o 3 de marzo e o 1 de xuño de 2021. A pesar dos condicionantes que a pandemia causada pola COVID-19 nos impón, NAS ONDAS ofrece nesta edición unha programación igual de variada e interesante que en anos anteriores.

NAS ONDAS 2021 posúe un total de 37 eventos, gratuítos e abertos a todo o público en xeral. A maioría son concertos, pero tamén conta con destacados relatorios e clases maxistrais. Como ven sendo habitual, se articula en distintos ciclos: Semana da Música Antiga, De Piano, PercusiónFest, Saxornadas, Explurart, Abrente e Semana das Letras Galegas.

Ao longo dos meses que abarca o Festival, as formacións académicas do CSMV, alumnado e profesorado formarán parte dun programa de actos e concertos nos que tamén contaremos coa presenza de destacados músicos convidados, como é o caso do clavecinista Alejandro Casal, o percusionista Noè Rodrigo ou os compositores Salvador Brotons e Juan Durán.

NAS ONDAS 2021 pon de manifesto o dinamismo do CSMV, o seu interese e compromiso coa cultura en tempos de pandemia e, sobre todo, a vontade de ofertar á sociedade que o rodea unha programación musical de calidade que amose a excelencia do traballo desenvolto pola súa comunidade educativa.

NAS ONDAS 2021 debe a súa existencia ó patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia así como do Concello de Vigo a través da súa área de Cultura.

Programa “Nas Ondas 2021”

Hora

(Venres) 20:00

Localización

Auditorio Martín Códax

Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo

Está pasando!