'Bolboreta: De aquí para alá' en Moaña

ven31mai18:00'Bolboreta: De aquí para alá' en Moaña'Rechouchíos'18:00 Concello de Moaña - Moaña

Detalles do Evento

O venres 31 de maio, ás 18:00 horas, a Sala Celso Parada do C.S. Daniel Castelao de Quintela acolle o contacontos musical ‘Bolboreta: De aquí para alá’, recomendado para cativada a partir dos 3 anos.

‘Rechouchíos’ é un programa de dinamización lectora e lingüística con actividades dirixidas ao público infantil e familiar ao que acoden nenas e nenos, maioritariamente de 3 a 10 anos, segundo o tipo de espectáculo programado nas tardes dos venres.

Utilízanse diferentes espazos públicos, pechados e ao aire libre, e percórrense todas as parroquias de Moaña. O paxariño deseñado por Marc Taeger converteuse na mascota do programa e todas as actividades comezan co berro ideado por María Faltri, unha das colaboradoras do programa: ‘Chio, chio. rechouchío!’


Hora

(Venres) 18:00

Localización

Concello de Moaña

Está pasando!