'Bulebule' de Os Náufragos en Pontevedra

dom25xan12:00'Bulebule' de Os Náufragos en PontevedraDomingos do Principal12:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O domingo 25 de xaneiro, a compañía galega Söa porá en escena o espectáculo ‘Coa cabeza nas nubes’, dentro dunha nova edición do ciclo Domingos do Principal.

Dobre función: 12:00 e 18:30 horas.

Candela é unha rapaza que ten trastorno por déficit de atención con hiperactividade (TDAH) e chámanlle Bulebule. A ela encántalle o mar e soña con ser a patroa dun barco que ela mesma quere construír. Tamén lle gusta moito pasar tempo co seu amigo Bruno que vive nun faro e que sente verdadeira paixón por compoñer música.

‘Bulebule’ é unha fermosa obra que explora os camiños da igualdade, destacando o esforzo das mulleres por derrubar as barreiras que lles impiden acceder a determinadas profesións.

Teatro

Duración 45 minutos

Idade recomendada partir de 4 anos

As entradas están á venda en Ataquilla.com a 4 euros e abono para as catro funcións dos Domingos do Principal a un prezo de 12 euros.

Hora

(Domingo) 12:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!