Calexico | © Holly Andres

Calexico en concerto no Mar de Vigo

mér11out21:00Calexico en concerto no Mar de Vigo20º aniversario do seu disco “Feast Of Wire”21:00 Auditorio Mar de Vigo - Vigo

Detalles do Evento

Calexico levan desde 1996 labrando unha carreira que lles fixo gañarse o recoñecemento internacional, tanto da crítica como do público. O seu nome de cidade fronteiriza indícanos cal pode ser o seu estilo, e é que esta banda de Arizona creou unha fusión perfecta entre o indie-rock, o country e o folk americanos, uníndoos á cumbia, ao mariachi, e ao jazz. Ademais, non negan as influencias de Ennio Morricone, e como banda, rara vez quedan quietos, pois de cada viaxe empápanse de algo novo.

Hai xa 14 anos desde que visitaron Vigo, e este 2023 regresan cunha xira onde celebrarán os 20 anos dun dos seus discos máis aclamados, “Feast Of Wire”, o seu 4º álbum de estudo que foi descrito por Pitchfork como “o disco que sabiamos que tiñan pero que temiamos que nunca fixesen”. Este traballo foi o que lles puxo na crista da onda da cal xa non se baixaron e coa que recalarán no Auditorio Mar de Vigo o 11 de outubro (21.00 horas).


Eles mesmos son conscientes do momento no que se atopan como banda, por iso este ano deciden lanzarse á estrada nunha xira na que ademais de interpretar o xa mencionado disco, repasarán outras grandes da súa traxectoria e seguirán presentando o seu último traballo, “El Mirador”. Esta nova xira virá tamén acompañada dunha reedición de luxo do “Feast of Wire” na que inclúen un bonus track coa famosísima versión do tema “Alone Again Or” da banda “Love”, e 10 cancións máis en directo.

Calexico tamén reflexionan sobre todo o significado dun disco no que trataban o tema da inmigración ilegal desde o punto de vista dos inmigrantes, as comunidades nadas diso, creando un álbum conceptual que vai narrando unha historia que segue sendo vixente a día de hoxe. De aí a importancia que a banda lle dá ao propio disco.

A única data en Galicia para gozar do directo de Calexico será o 11 de outubro (21.00 horas) no Auditorio Mar de Vigo. As entradas xa están dispoñibles a través da web do Auditorio Mar de Vigo ou en www.teuticket.com.

Hora

(Mércores) 21:00

Localización

Auditorio Mar de Vigo

Av. da Beiramar, 59 36202 Vigo

Está pasando!