'Cambio e conto' con Raquel Queizás en Poio

ven19set17:30'Cambio e conto' con Raquel Queizás en Poioprograma ‘Ler Conta Moito’ 17:30 Casal de Ferreirós - Poio

Detalles do Evento

A actriz, monicrequeira, filóloga e contadora de historias, Raquel Queizás, presentará o venres 19 de setembro, no Casal de Ferreirós, o seu espectáculo para bebés ‘Cambio e conto’.

Nano está moi feliz, naceu o súa irmá máis pequena, Nona, e vai coidar dela.

Pero ao chegar a noite Nona non quere ir á cama. Nano ten unha misión, conseguir durmir a Nona sexa como sexa.

Esta proposta inclúe contos tradicionais, lendas locais, adaptacións literarias e historias propias, sempre coa participación activa do público familiar, que se converte nun elemento fundamental da montaxe.

O humor e a interacción son as claves deste espectáculo, que se ofrece con entrada gratuíta ata completar aforo, grazas ao apoio do programa ‘Ler Conta Moito’ da Xunta de Galicia.

Hora

(Venres) 17:30

Localización

Casal de Ferreirós

Av. Andurique, 43, 36163 Poio

Está pasando!