Fortaleza de A Lanzada | © Turismo de Sanxenxo

This is a repeating event

'Camiñemos' en Sanxenxo

ven07xuñConsultar'Camiñemos' en SanxenxoDo 7 de xuño ao 5 de xullo de 2024(Consultar: venres) Concello de Sanxenxo - Sanxenxo

Detalles do Evento

A Concellería de Servizos Sociais e Maiores de Sanxenxo, dirixida por Paz Lago, pon en marcha ‘Camiñemos’ consistente en dous programas dirixidos dende o Taller de Memoria e de Educación Física para Maiores co obxectivo de seguir fomentando hábitos de vida saudables e favorecer a socialización dos nosos maiores. Ambos lévaranse a cabo tódolos venres dende o 7 de xuño ao 5 de xullo.

A través do Taller da Memoria ponse en marcha ‘Camiñemos Xuntos’ que ten como obxectivo principal realizar exercicio físico de maneira moderada e acompañados, por diferentes rutas deseñadas para este fin dentro de Sanxenxo.

Trátase dun momento de socialización onde, de maneira distendida, coñezan lugares do municipio. O lugar de saída serán dende o departamento de Servizos Sociais. Así, hai previstas 5 andainas, ás 10:00 horas:

  • 7 xuño: Portonovo- Punta Seame-Cabicastro-Montalvo-Portonovo.
  • 14 xuño: A Lanzada-Faxilda.
  • 21 xuño: Portonovo-Vicaño-Sanxenxo.
  • 28 xuño: Vilalonga-Lagoas de Arnosa-Telleiras.
  • 5 xullo: Nantes-O Con da Ventureira.

Dende Educación Física para Maiores ponse en marcha ‘Camiños saudables’ co obxectivo principalde trasadar a actividade física ao exterior, tendo en conta as condicións do colectivo ao que vai dirixida. Buscando lugares destacados pola súa beleza paisaxística ou cultural dentro do municipio.

As rotas previstas son:

  • 7 xuño: Portonovo-Sanxenxo. 10.00 horas. Saída Campo de fútbol de Baltar de Arriba. Baixada ao paseo da praia de Baltar e percorrido ate Sanxenxo, parando en Punta Vicaño para estirar e rematala sesión.
  • 14 xuño: Sendeiro Areas-Dorrón. Saída vehículos 9.45 horas do Campo fútbol Baltar ou 10.00 horas do parking da praia de Areas.
  • 21 xuño: Sendeiro litoral Montalvo-Major. 21 xuño. Saída vehículos 9.45 horas do Campo fútbol Baltar ou 10.00 horas do parking praia Montalvo.
  • 28 xuño: A Lanzada. Saída vehículos 9.45 horas do Campo fútbol Baltar ou 10.00 horas do parking no comezo da praia na parte de Sanxenxo.
  • 5 xullo: Especial fin programa: Ruta fluvial Pedra-Auga Barrantes-Ribadumia. Saída vehículos 9.45 horas do Campo fútbol Baltar ou 10.00 horas do parking na entrada xunto a rotonda da saída da vía rápida en Barrantes. Subida á aldea labrega pola ruta fluvial.

Para máis información poden poñerse en contacto con Servizos Sociais a través do teléfono 986 72 79 01 ou no correo electrónico servicios-sociales@sanxenxo.org

Hora

Consultar (Venres)

Localización

Concello de Sanxenxo

Está pasando!