'Camino a la escuela' de Campi Qui Pugui en Pontevedra

dom01feb12:00'Camino a la escuela' de Campi Qui Pugui en PontevedraDomingos do Principal12:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O domingo 1 de febreiro, a compañía catalana Campi Qui Pugui porá en escena o espectáculo ‘Coa cabeza nas nubes’, dentro dunha nova edición do ciclo Domingos do Principal.

Dobre función: 12:00 e 18:30 horas.

Tres irmás, un camiño e un obxectivo: ter o futuro nas súas mans.

A extraordinaria historia de tres irmás que se enfrontan diariamente a obstáculos e adversidades para chegar á escola. Tres nenas que viven nun país calquera, que non falan un idioma concreto pero que en realidade falan todos os idiomas.

Un espectáculo suxestivo, visual e sen texto que se inspira na historia real de nenas e nenos de todo o mundo. Persoíñas autónomas e capaces que comparten as ganas de aprender e cambiar o seu mundo.

Nominado aos Premios Max 2021

Premios da Crítica de Cataluña de 2020 ao Mellor Espectáculo Familiar

Premio FETEN Mellor Posta en Escena 2021

Teatro sen texto

Duración 55 minutos

Idade recomendada partir de 5 anos

As entradas están á venda en Ataquilla.com a 4 euros e abono para as catro funcións dos Domingos do Principal a un prezo de 12 euros.

Hora

(Domingo) 12:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!