‘Ningunha crianza sen xoguetes’ en Poio

xov14novConsultarven29nov‘Ningunha crianza sen xoguetes’ en PoioDo 14 ao 29 de novembro de 2024(Consultar) Concello de Poio - Poio

Detalles do Evento

A campaña solidaria ‘Ningunha crianza sen xoguetes’, do Concello de Poio, xa está en marcha para garantir que ningún neno ou nena perda a ilusión polas festas de Nadal, sexa cal sexa a situación ou as dificultades que haxa nos seus fogares. Ata o 29 de novembro, as persoas que queiran participar con esta iniciativa poden facer as súas doazóns, de luns a venres no Pazo Besada (en horario de mañá) ou na Casa Rosada (polas tardes).

Os xoguetes deben estar limpos, en bo estado e con todas as pezas, e poden ser desde xogos de mesa, bonecos e peluches, ata puzzles, construcións, libros, disfraces ou materiais deportivos como bicicletas, patines ou pelotas, entre outras.



A concelleira de Benestar e Igualdade, Natividad Torres, anima á veciñanza a demostrar unha vez máis o seu apoio cunha iniciativa que pretende devolver a ilusión a todos os nenos que viven en fogares en situación de vulnerabilidade. “Doando os xoguetes que os nosos fillos e fillas xa non utilizan temos a oportunidade de facer felices a outros moitos e facemos posible que neses fogares con máis necesidades o Nadal tamén sexa unha época de maxia e de ledicia para todos eles”, engade. Ademais, agradece a colaboración da veciña Silvia Ramírez, de Samieira, que un ano máis colaborará de xeito totalmente desinteresado con esta campaña municipal.

Unha vez rematada a recollida de xoguetes, o persoal do departamento de Servizos Sociais do Concello de Poio encargarase de realizar o reparto antes do Nadal.

Hora

novembro 14 (Xoves) - 29 (Venres)

Localización

Concello de Poio

Está pasando!