Cantos de Taberna | Maravallada

This is a repeating event

Cantos de Taberna 2025 en Pontevedra

ven31xan21:00Cantos de Taberna 2025 en PontevedraMaravallada e Concello de Pontevedra21:00 Cidade de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Dez establecementos da cidade de Pontevedra serán escenario nos próximos meses dos Cantos de Taberna, que regresan á Boa Vila da man da AC Maravallada.

A 12ª edición dos Cantos de Taberna celebrarase no último venres dos meses de xaneiro, febreiro, marzo, abril e maio, como sempre en horario de noite de 21h. ata 24h.

Como acontece nas últimas edicións, a actividade que inicialmente tiña lugar exclusivamente no casco histórico, por mor da demanda dos hostaleiros/as chegará tamén á zona de Joaquín Costa e outros lugares da cidade.



venres 31 de xaneiro, Maravallada abrirá o programa, como vén sendo habitual. Estarán ás 21h. no Breogán e máis tarde, ata as 24h. no Balixas.

No mes de febreiro no NASA e no Noso Bar, disfrutaremos dun grupo que xa estivera hai uns anos, da zona de Bueu, que son Vento Mareiro Forza 5. 

28 de marzo no Bogotá e A horta do cura, pola zona de Joaquín Costa, contaremos cun grupo de Cangas que se chaman Peis d´hos que xa estiveron algunha vez.

A sinalada data do 25 de abril visitará A adega dos avós e O Chato, un grupo novo, dos que se formaron aquí hai ano e pico: Sons das Corbaceiras.

Cantos de Taberna despedirase o 30 de maio no Moderno e no Forno con outro grupo formado na cidade de Pontevedra: Sons da Pedreira.

Hora

(Venres) 21:00

Localización

Cidade de Pontevedra

Está pasando!