Carreira Popular Solidaria de San Telmo 2026 en Tui

sáb11abr11:00Carreira Popular Solidaria de San Telmo 2026 en Tui'II Memorial Xosé Tato'11:00 Concello de Tui - Tui

Detalles do Evento

O sábado 11 de abril celebrarase a Carreira Popular Solidaria de San Telmo ‘II Memorial Xosé Tato’, organizada conxuntamente polo Club Atletismo Tui e o Concello de Tui.

O prazo de inscrición está aberto dende o mércores, 11 de marzo, e até o martes 7 de abril nas distintas categorías. A distancia, oscilará entre os 6.225 metros da categoría absoluta e os 80 metros dos pitufos.

A inscrición é gratuíta. Dado o carácter solidario da proba no momento de recollida do dorsal realizarase a “Operación Kilo” coa entrega de 1 quilo de alimentos non perecedoiros que serán doados a SOS Tomiño – Baixo Miño.

Hora

(Sábado) 11:00

Localización

Concello de Tui

Está pasando!