'Catro monos'

dom17out19:00'Catro monos''Tornar ás táboas'19:00 Multiusos de Arcade - Soutomaior

Detalles do Evento

Dentro do programa ‘Tornar ás táboas’ da Deputación de Pontevedra, o domingo 17 de outubro o Centro Multiusos de Arcade acolle o espectáculo ‘Catro monos’, de A Tropa de Trapo.

Hai moitos anos, no Lonxano Oriente, naceu un símbolo que viña do poder para reprimir ao pobo : os Tres Monos Sabios. Un mono non oía o que pasaba ao seu redor. Outro non quería ver o que tiña diante. E o último calaba a boca para non dicir todo o que pensaba.

Nós dámoslle a volta. Os nosos monos van escoitar, ver e falar. Van pensar, van actuar… e van ser catro!

Catro monos, catro historias. 

A auténtica historia do lagarto da saia da Carolina, que non era un, senón dous… e non se levaban moi ben.

O conto do monstro da Amazonía que destruía a selva e aterrorizaba aos demais animais.

A historia de catro mulleres que vivían nunha aldea e que conseguiron evitar que lles roubaran o seu peixe cantando e regueifando.

E a tola historia dun mono que quixo pintar as nubes cun “spray” para que non houbese máis tormentas… e, sen querer, cambiou a vida do resto dos monos.

Catro contos para falar de como nos relacionamos entre nós e co medio, para rir, para reflexionar, para cantar e para soñar con outro mundo posible.

Hora

(Domingo) 19:00

Localización

Multiusos de Arcade

Rúa do Peirao, 8, 36690 Soutomaior

Está pasando!