Certificados en Cultura do Viño Nivel III

xov09abrConsultarxov23abrCertificados en Cultura do Viño Nivel III Viaxe á España líquida(Consultar) Marna Restaurante - Pontevedra

Detalles do Evento

(Re)Descobre os viños de España da man de 20 viticultores que a partir de agora nunca poderán faltar na túa lista de imprescindibles. Explora o territorio viñedo a viñedo e namórate dos estilos históricos que se converteron por dereito propio en auténticas lendas enolóxicas.

Un curso no que adquirir unha visión conxunta do sector vitivinícola español e a súa presenza a nivel global a través do seu pasado, presente e posible futuro.

Mentres gozas, coñecerás estilos lendarios, rexións míticas e propostas sorprendentes que fixeron de España un referente mundial.

Este nivel está dirixido tanto a afeccionados ao viño como a profesionais de adega, distribución e hostalería que desexen seguir ampliando os seus coñecementos desde unha visión global do sector vinícola nacional.

Contidos: España oceánica: Illas Canarias, País Vasco, Rioxa e Bierzo | España continental: Ribeira do Douro, Rueda, Toro, Aragón, Madrid e A Mancha | España mediterránea: #Cava, Priorat, Illas Baleares, Alacante e Jumilla | Marco de Xerez e Andalucía

Imparte: Instituto Galego do Viño, unha entidade educativa privada con máis de 10 anos de historia dedicados á difusión da cultura do viño en Galicia e en dar a coñecer os viños galegos ao resto do mundo.

Os Certificados en Cultura do Viño son unha invitación para gozalo como nunca antes: aprendendo, viaxando cos sentidos e compartindo momentos especiais cada semana. Podes vir acompañado de alguén próximo ou apuntarte pola túa conta para coñecer a persoas coas túas mesmos intereses.

Lecer e coñecemento a través dun roteiro único na que descubrirás os segredos do viño, desde os fundamentos máis esenciais do cultivo ou a elaboración ata un percorrido sensorial polos viñedos e estilos máis icónicos do planeta.

Esta incrible experiencia —dividida en 5 niveis de 3 tardes, 9 horas e 20 viños— convídate a explorar culturas, paisaxes e emocións co obxectivo de descubrir a alma do viño.

Unha viaxe inesquecible para aprender, gozar e brindar.

Como funcionan?

  • 5 niveis totalmente independentes. Completa o roteiro ao completo ou súbeche na etapa da viaxe que máis che apeteza probar!
  • Cada nivel inclúe:

    • 3 tardes
    • 9 horas
    • 20 viños coidadosamente seleccionados

  • Baixo un formato moi lúdico e divertido
  • Non necesitas experiencia previa para aproveitalo ao máximo

Por que apuntarte?

✔ Aprende de forma amena, sinxela e práctica

✔ Proba unha chea de viños de diferentes rexións do mundo

✔ Comparte bos momentos con #winelovers coma ti

✔ Regálache (ou regala) unha experiencia única

Datas e lugar do curso:

Os días 9, 16 e 23 de abril de 2026 en Marna Restaurante (Pontevedra).

Prazas limitadas. Non te quedes sen a túa en Ataquilla.com

Hora

abril 9 (Xoves) - 23 (Xoves)

Localización

Marna Restaurante

Praza da Ferrería, 8, Baixo, 36002 Pontevedra

Está pasando!